Mostrando entradas con la etiqueta Milagrosa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Milagrosa. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de enero de 2011

Inxusta derrota do Pastoricense ante a Milagrosa

O fútbol en ocasións non é xusto. Esta conclusión é a que se pode chegar despois de presenzar o partido que enfrontou o pasado domingo ao Pastoricense coa Milagrosa, onde caeu derrotado por 0-1. O encontro só tivo un dominador claro, basculando o campo cara a portería do equipo da capital lucense e con numerosas ocasións de gol.

Aos 10 mintuos de partido, un erro na defensa do Pastoricense aproveitábao o dianteiro da Milagrosa para, na única ocasión do equipo visitante no partido, poñelo por diante no marcador. A partir de aí o dominio pastoricense foi total pero non foi quen de batir a meta visitante.

Por parte local xogaron: Rumbera, Álex, Cami, Iago, Juanma, Iñaki, Raúl, Mel, Martín, Santi e Farra. Tamén interviron: Iván, Andrés, Diego, Diego Castro e Penelas.

O Pastoricense queda agora situado na sexta praza con 29 puntos, a tan só tres do Lourenzá, segundo clasificado. Para ver o resto da clasificación pincha aquí.

viernes, 14 de enero de 2011

A primeira autonómica máis emocionante dos últimos anos comeza o seu desenlace

Sete equipos en cinco puntos de distancia perseguen ao Chantada, na procura da outra praza que da dereito o ascenso a Preferente. Tan só dez puntos entre o Cabreiros, sexto pola cola e que tal como están os equipos lucense na categoría superior, descendería a segunda autonómica; e o Lourenzá, equipo que está segundo na clasificación e que ascendería a autonómica preferente. Non hai ningún equipo que poda respirar tranquilo e tampouco hai ningún que teña aínda os brazos baixados. Estes son os ingredientes dunha liga emocionante que comezou a segunda volta e que se aproxima, pois, ao desenlace.

Para esta xornada, o prato principal para a afección pastoricense será o enfrontamento no campo do Acebreiro o domingo ás 16.00 horas ante a Milagrosa, sexto na clasificación a tan só un punto do equipo dirixido por Fiz. Tres puntos en xogo moi valiosos para seguir estando na parte alta da táboa e tamén o gol average, que visto a competencia e rivalidade existente pode ser moi importante a final de tempada. O equipo da Pastoriza acadara un moi bo resultado en Lugo na súa visita ao gañar por 2-3, goles de Iago e Iñaki por partida dobre.

A Milagrosa é un equipo confeccionado con xente de curta idade, recén saídos de xuvenís e que nunca renuncia a xogar ao fútbol. Unha escadra que sofre máis como visitante que como local, debido fundamentalmente ao terreo de xogo, acostumados a xogar en herba artificial. Na pasada xornada, o equipo da capital lucense perdía ante o colista o Valadouro por 1-0 polo que virá co obxectivo de sacar algo positivo para non deixar pasar dúas semanas sen sumar. Dende a xornada 5, onde caeu derrotado ante o Santaballés, tamén colista daquela, sumara algo positivo en todos os encontros ata o pasado domingo.

Para o encontro, Fiz poderá contar con todos o seus homes a excepción de Fontela e Carlos, lesionados que agardemos que nas vindeiras semanas se reincorporen ao grupo. Para ver o resto da xornada pincha aquí.