Sete equipos en cinco puntos de distancia perseguen ao Chantada, na procura da outra praza que da dereito o ascenso a Preferente. Tan só dez puntos entre o Cabreiros, sexto pola cola e que tal como están os equipos lucense na categoría superior, descendería a segunda autonómica; e o Lourenzá, equipo que está segundo na clasificación e que ascendería a autonómica preferente. Non hai ningún equipo que poda respirar tranquilo e tampouco hai ningún que teña aínda os brazos baixados. Estes son os ingredientes dunha liga emocionante que comezou a segunda volta e que se aproxima, pois, ao desenlace.
Para esta xornada, o prato principal para a afección pastoricense será o enfrontamento no campo do Acebreiro o domingo ás 16.00 horas ante a Milagrosa, sexto na clasificación a tan só un punto do equipo dirixido por Fiz. Tres puntos en xogo moi valiosos para seguir estando na parte alta da táboa e tamén o gol average, que visto a competencia e rivalidade existente pode ser moi importante a final de tempada. O equipo da Pastoriza acadara un moi bo resultado en Lugo na súa visita ao gañar por 2-3, goles de Iago e Iñaki por partida dobre.
A Milagrosa é un equipo confeccionado con xente de curta idade, recén saídos de xuvenís e que nunca renuncia a xogar ao fútbol. Unha escadra que sofre máis como visitante que como local, debido fundamentalmente ao terreo de xogo, acostumados a xogar en herba artificial. Na pasada xornada, o equipo da capital lucense perdía ante o colista o Valadouro por 1-0 polo que virá co obxectivo de sacar algo positivo para non deixar pasar dúas semanas sen sumar. Dende a xornada 5, onde caeu derrotado ante o Santaballés, tamén colista daquela, sumara algo positivo en todos os encontros ata o pasado domingo.
Para o encontro, Fiz poderá contar con todos o seus homes a excepción de Fontela e Carlos, lesionados que agardemos que nas vindeiras semanas se reincorporen ao grupo. Para ver o resto da xornada pincha aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario