viernes, 18 de febrero de 2011

Lourenzá-Pastoricense, derbi para pelexar polos postos altos da táboa

Este domingo a U.D.Pastoricense realizará un dos desprazamentos máis complicados que lle quedan ao equipo dirixido por Fiz. Será ás 16.15 horas no campo do Lourenzá, sexto clasificado a tan só dous puntos do cadro da Pastoriza, terceiro, e a catro do Burela, segundo.

O partido amósase importante para que os dous equipos sigan pelexando polos postos nobles. O cadro local, de non sumar ningún punto, podería quedar descolgado do segundo posto, a sete puntos. O Pastoricense viaxará ao concello lourenzá coa idea de seguir mostrándose como o segundo mellor equipo a domicilio, onde xa sumou 19 puntos, 3 por detrás do intratable Chantada.

Pola súa banda, o Lourenzá vén de colleitar  uns malos resultados nos últimos tres encontros, ao sumar un punto de nove posibles, ante o Ferreira, Escairón e Valadouro. Hai que ter en conta que os tres partidos foron como visitantes, faceta na que é onde máis sufre o cadro mariñán. En cambio, como locais os números reflexan que o Lourenzá colleitou sete victorias, tres empates e tan só unha derrota ante o líder indiscutible da categoría, o Chantada. Ademais, o Pastoricense tentará manter o golaverage tras a súa victoria no partido de ida por 2-0.

No apartado deportivo, Fiz non poderá contar unha semana máis con Fontela e Santi lesionados e recupera ao seu goleador, Farra, e a Andrés que non estiveran no último partido ante o Bóveda e no que o cadro da Pastoriza venceu por 2-0.

Para ver o resto da xornada pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario