sábado, 19 de febrero de 2011

Victoria do Pastoricense xuvenil ante o Pol pola mínima cun gol de Diego López

A U.D. Pastoricense encadenou a segunda victoria consecutiva trala victoria desta tarde ante o Pol xuvenil, por 1-0, materializado por un dos mellores xogadores na tarde de hoxe, Diego López, que ocupou o posto de central ante a ausencia do capitán Diego.

O partido tivo sempre un claro dominio local se ben é certo que nunca se mostrou incisivo e co obxectivo claro de buscar a portería polense. Aínda así, ao final dos 90 minutos a victoria pódese considerar xusta ante un equipo visitante que nunca inquietou a portería de Reina.

Por parte da U.D. Pastoricense xogaron: Reina, Rafa, Diego López, Iago, Aníbal, Javi, Canuto, Joni, Dani, Fernando e Iván. Tamén xogou Simón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario