O Pastoricense disputa este fin de semana o derbi xuvenil por excelencia, fronte ao Pol no que será a decimosétima xornada. O equipo dirixido por Raúl tentará acadar os tres puntos no Acebreiro, no encontro que se disputará este sábado ás 16.15 horas.
Antes de nada, dende este foro queremos aclara un erro que vimos cometendo dende fai xornadas nas que falabamos de dúas posicións para disputar a fase de ascenso a Liga Galega. Este ano a Federación fixo cambios a este respecto e só disputa a fase de ascenso o equipo que queda campión de liga polo que neste momento sería o Foz.
A U.D. Pastoricense precisa pois sumar os tres puntos para tentar acercarse ao Foz e meter algo de presión aos xogadores mariñáns, na disputa das últimas dez xornadas. Para este sábado, o míster pastoricense non poderá contar co capitán, Diego, por ver a quinta amarela no pasado encontro.
Para ver o resto da xornada pincha aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario