lunes, 14 de febrero de 2011

O equipo xuvenil cumpre os pronósticos e golea por 1-6 ao Ribadeo

O equipo xuvenil da U.D. Pastoricense venceu claramente o pasado sábado por 1-6 na súa visita ao colista da categoría, o Ribadeo. Os pupilos de Raúl cumpriron deste xeitos os pronósticos que os situaban como claros favoritos ante un equipo, o mariñán, que aínda non conseguiu sumar nada positivo no que levamos de tempada.

Con esta victoria o Pastoricense cóntinúa cuarto na clasificación, con 31 puntos, a tan só dous do segundo posto que ocupa o San Ciprián. Tamén o Burela, terceiro clasificado con 32 puntos, e o Sagrado Corazón, cuarto tamén con 31, pelexarán pola segunda posición que otorga disputar a fase de ascenso e acompañar ao Foz, que a día de hoxe, primeiro con 40 puntos, parece destacado nesta pelexa.

Por parte do Pastoricense interviron: Reina, Rafa, Diego López, Iago, Aníbal, Javi, Canuto, Dani, Fernando, Simón e Joni. Tamén xogaron: Cali, Esteban, Álex, Luis e Diego. Os goleadores foron Fernando, en tres ocasións, Dani, por partida dobre, e Iago.

No hay comentarios:

Publicar un comentario