viernes, 11 de febrero de 2011

A U.D. recibe ao Bóveda co obxectivo de seguir na parte alta da táboa

Despois do fin de semana pasado, onde a U.D. Pastoricense realizou o peor partido da tempada o equipo dirixido por Fiz ten a oportunidade de resarcirse ante o Bóveda e continuar así pelexando polos postos nobres da táboa clasificatoria. A igualdade nos primeiros postos é tan grande que unha victoria pode facer que o equipo recupere a segunda praza e ao mesmo tempo, unha nova derrota, pode situalos novenos. Sete postos que oscilan en sumar ou non tres puntos.

Para o encontro, que terá lugar este domingo a partir das 16.15 horas no municipal do Acebreiro, Fiz non poderá contar cos lesionados Santi e Fontela nin con Farra, sancionado, e Andrés, por motivos persoais. Aínda así, o adestrador local, disporá de efectivos suficientes para sacar ao campo un once de garantías e acadar tres puntos moi importantes para o obxectivo principal do clube, a salvación.

O Bóveda ocupa na actualidade a sétima praza con 33 puntos, a tan só dous da U.D. Pastoricense, logo da súa derrota na última xornada ante o Valadouro, un dos últimos clasificados na Primeira Autonómica. De seguro que os xogadores do equipo lucense visitarán o campo do Acebreiro co obxectivo de resarcirse tamén da súa última derrota e acadar tres novos puntos que o manteñan na zona media da táboa.

Para ver o resto da xornada pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario