A U.D. Pastoricense recibe este fin de semana ao Valadouro, un equipo á alza que nos últimos partidos sumou sete puntos de nove posibles, o que lle permitiu saír dos postos de descenso e que tratará de acadar algo positivo na súa visita para poder alonxarse máis da zona perigosa. O equipo da Pastoriza, pola contra, tratará de acadar unha victoria diante da súa afección logro de selar a permanencia en Primeira Autonómica para a vindeira tempada.
O equipo adestrado por Fiz afrontará estas últimas seis xornadas coa tranquilidade de ter os deberes feitos a mes e medio de rematar a competición e sen marcarse metas máis altas pero sen renunciar a elas. Como xa indicou o míster no foro do equipo esta semana "É complicado evitar falar de ascenso nun vestiario que leva uns anos nunha dinámica moi positiva, cun ascenso a tempada pasada e competindo con tódolos equipos na actual. Sen embargo, facer cálculos é inútil. Sona a tópico, pero debemos pensar no Valadouro solamente, desfrutar do partido como o levamos facendo todo o ano e, pase o que pase, seguir desfrutando dunha tempada que estará na historia deste humilde club. Eso si, soñar é gratuito e non podemos privarlle a estes xogadores e a esta afección de facelo".
Hai que lembrar que o Pastoricense ocupa a cuarta praza a tres puntos do Burela e Ribadeo, segundo e terceiro respectivamente, e que este fin de semana afrontan choques importantes. O equipo burelés recibe ao Lourenzá un equipo correoso e que tamén pelexa por estar na parte alta da táboa e o Ribadeo visita o campo do último clasificado, o Santaballés, que debe buscar a victoria para tentar apurar as súas últimas opcións de continuar o ano que vén en Primeira Autonómica. Un feito a ter en conta e que pode decantar a competición é a medida de gracia do novo Presidente da Federación Galega de Fútbol ao eliminar as sancións aos xogadores, tanto os xa sancionados como os que viron a quinta amarela na derradeira xornada. Unha medida que non parece razonable e que se está tratando de inxusta forma aos xogadores que non están sancionados ou aos clubes que ven menos amarelas. Agardemos que esta medida non se repita e que non adultere máis a competición.
Os perseguridores do Pastoricense, Lourenzá, Milagrosa e Taboada afrontan tamén choques complicados. Por unha banda o Lourenzá, como xa dixemos, visita o campo do Burela. A Milagrosa, sexto clasificado, visita o campo do Bóveda, oitavo. E, por último, o Taboada xogará tamén como visitante no campo de Folgueiro, un equipo que ocupa os últimos postos da táboa e que tentará gañar para non perder o tren da permanencia.
Para o encontro do domingo Fiz poderá contar con todos os seus homes a excepción de Fontela e Santi, lesionados. Recordamos que na primeira volta o Pastoricense venceu no campo do Valadouro por 0-1 cun gol de Mel á saída do córner. http://pastoricense.blogspot.com/2010/11/un-gol-de-mel-ao-comezo-do-encontro-da.html.
Para ver o resto da xornada pincha aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario