O Pastoricense acadou onte unha victoria máis cómoda do esperado a priori por 0-3 o que lle permite manter o cuarto posto e incluso ampliar a ventaxa co quinto clasificado, tralo empate entre o quinto e sexto, Milagrosa e Taboada, que foron superados polo Lourenzá trala súa victoria por 2-1 ante o Calasancio.
O equipo dirixido por Fiz visitaba o campo do Escairón co obxectivo de sumar os tres puntos e agardar un posíbel pinchazo do Burela na súa difícil visita ao campo do Bóveda ou do Ribadeo no derbi ante o Iberia. Tanto o segundo como o terceiro clasificado venceron claramente os seus encontros polo que as distancias seguen manténdose en tres puntos. En segundo lugar, o equipo da Pastoriza tamén quería aproveitar o enfrontamento entre Milagrosa e Taboada para distanciarse un pouco máis dos postos máis próximos e que agora mesmo é de dous puntos co quinto, o anteriormente citado Lourenzá.
No partido de onte, aos vinte minutos de partido Iván cun bo disparo dende a fronta da área, raso e colocado, establecía o 0-1. Antes de chegar ao descanso, Diego nunha contra do Pastoricense batía cunha excelente vaselina ao cancerbeiro local e poñía o -2 no marcador. Unha primeira parte na que o cadro visitante non pasou apuros cun resultado xusto á vista dos méritos de ambos equipos. Á volta dos vestiarios, Raúl cunha volea establecía o 0-3 no marcador, que sería o tanteador final a pesar de dispoñer de claras ocasións para aumentar a ventaxa.
Por parte do Pastoricense interviron: Josiño, Diego Castro, Iago, Cami, Juanma, Carlos, Mel, Martín, Diego, Iván e Farra. Tamén xogaron: Raúl, Penelas, Andrés, José Ángel e Xose.
O vindeiro encontro, o Pastoricense recibe ao Valadouro, un equipo que nas últimas xornadas está á alza e que leva dúas victorias consecutivas o que lle permite soñar con acadar a permanencia ao remate da Liga. Na actualidade ocupa a sexta praza por abaixo pero a tan só dous puntos do Iberia e Riotorto. Para ver o resto da xornada pincha aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario