A U.D. Pastoricense xogou onte un dos mellores e máis fáciles partidos do que vai de tempada ante o Brollón ao que goleou por 7-1. O encontro tivo un claro dominador do mesmo e o marcador móstrase curto a tenor das ocasións de cada equipo ao longo dos 90 minutos. De feito, o equipo da Pobra contou cunha única ocasión, tras un erro da defensa local, que materializou o seu dianteiro.
Con estes tres puntos e o empate colleitado polo Burela na súa visita ao campo do Cabreiros, a U.D. Pastoricense ocupa o terceiro lugar da clasificación, a tres puntos do Ribadeo, segundo, que se desfixo sen problemas do Calasancio por 3-0. O equipo da Pastoriza suma 51 puntos a falla de catro xornadas, nas que pelexará por non perder comba co segundo clasificado e aproveitar, se se produce un fallo deste, a súa posición na táboa para pelexar polo ascenso a Preferente. Non é un dos obxectivos do cadro Pastoricense pero tampouco se vai renunciar a ocupar unha posición na clasificación final que da mostra do traballo ben feito por xogadores, adestrador e directiva.
No partido de onte, a U.D. Pastoricense contou coa seguinte aliñación: Josiño, Diego Castro (Álex), Iago (Iván), Cami, Juanma, Mel, Penelas (Carlos), Martín (Andrés), Iñaki, Raúl e Farra (Diego). Os goles foron obra de Martín, Farra (2), Mel, Álex, Andrés e un en propia porta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario