Na Primeira Autonómica Xuvenil restan tan só tres xornadas e a cousa non pode estar máis emocionante. Catro equipos en tres puntos e 9 por disputar, e aínda por enriba enfrontamentos entre eles na última xornada. A competición non pode dar máis emoción para estas últimas tres semanas. Á volta de Semana Santa teremos o desenlace final que dictaminará cal equipo é o que disputa a fase de ascenso a Liga Galega. O Pastoricense fará o posíbel e o imposíbel para acadar na mesma posición que ocupa agora, a primeira, e disputar por primeira vez na súa historia a fase de ascenso en Liga Xuvenil.
Pero para acadar este reto ao cadro de Raúl quédanlle tres partidos moi importantes. Para comezar este sábado recibe ao Viveiro B, un equipo que ocupa a sexta posición con 39 puntos e que foi moi irregular ao longo desta liga, cecais debido a súa continua subida e baixada de xogadores que disputan co Vivieiro a Liga Galega. Un punto a ter en conta é que nas últimas cinco xornadas este trasvase non se pode facer polo que ao municipal do Acebreiro virán os xogadores con ficha no Viviero B e non os que xogan na superior categoría.
Este sábado, a partir das 17.00 horas no campo do Acebreiro, o adestrador pastoricense manterá a única dúbida de Fernando, aqueixado dun xeonllo. O resto dos xogadores brancos, a espensas do que aconteza no último adestramento de mañá. O que sí é seguro é que o Pastoricense sacará, como vén acontecendo ao longo de toda a tempada, un once de garantías que de seguro quererá dar unha alegría á súa afección e facerse cos tres puntos que o manteñan, candomenos, empatado a puntos co primeiro ou se o San Ciprián non consigue sumar os tres puntos en Cospeito afrontar o liderado, a falla de dúas xornadas, en solitario. O Foz, pola súa banda, xogará contra o Pol en Bretoña e o Sagrado Corazón recibe ao Burela, cuarto e quinto respectivamente.
Para ver o resto da xornada pincha aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario