lunes, 18 de abril de 2011

O Pastoricense vence ao Iberia e afiánzase na terceira praza

A Primeira Autonómica chega ao seu fin e, a falla de dúas xornadas, o Pastoricense afiánzase na terceira posición, con catro puntos de ventaxa sobre Ferreira e Burela, os seus perseguidores. Por arriba, todo decidido con Ribadeo e Chantada ascendidos a Preferente. Por abaixo, a disputa segue a ser máxima con tan só un equpo descendido o Santaballés, próximo rival do equipo branco. Os outros catro equipos, pois previsiblemente van ser os descendidos a segunda, todavía segue sen dilucidarse, aínda que parece que Folgueiro, Escairón e, sobre todo, Brollón contan con máis papeletas que o resto. O quinto posto por abaixo neste momento estaría disputado por Calasancio, Iberia e Valadouro. A vindeira xornada, hai un enfrontamento entre Calasancio e Valadouro que podería dilucidar un pouco máis a zona de descenso.

No partido de onte, o Pastoricense foi claramente superior ao Iberia de principio a fin e xa no minuto 5 dispuxo dunha pena máxima que non foi quen de materializar e que poría máis costa abaixo o resto do partido. Pero o cadro local non baixou a súa intensidade e continou atacando unha e outra vez a meta do equipo mariñán ata que mediada a segunda parte un bo centro de Martín remataría no fondo das mallas tras un excelente remate de Carlos, un dos xogadores destacados do partido, e que se estrenaba como goleador pastoricense nesta tempada.

Por parte do Pastoricense xogaron: Josiño, Álex, José Ángel, Cami, Iago, Penelas, Mel, Martín, Iñaki, Raúl e Farra. Tamén xogaron: Andrés, Diego, Diego Castro, Iván e Carlos.

Na vindeira xornada o Pastoricense visita o campo do xa descendido Santaballés e de acadar os tres puntos certificaría a súa terceira posición a falla de unha xornada, mostra da excelente tempada do equipo branco tras estrenarse este ano na Primeira Autonómica. Para ver o resto de resultados desta xornada pincha aquí.

1 comentario:

  1. rapaces a por todas! que vos podedes! :) alí estaremos pa animar todo canto poidamos! :D

    ResponderEliminar