viernes, 8 de abril de 2011

O Pastoricense visita ao campión de Liga o domingo ás 18.30

Os afeccionados ao fútbol poderán gozar este fin de semana cun dos mellores enfrontamentos que se poden dar, na actualidade, na Primeira Autonómica, que enfrontará en Chantada ao equipo local, campión de Liga e ascendido a Preferente, contra o Pastoricense, terceiro e equipo revelación da tempada. Este partido dispútase dous días despois de coñecer que o encontro aprazado entre Pastoricense-Valadouro no minuto 80 pola suposta agresión a unha xuíza de liña deuse por finalizado co resultado de 1-0 para o cadro adestrado por Fiz.

A falla de 4 xornadas para o remate de liga, o equipo pastoricense ocupa a terceira posición a tres puntos do segundo, o Ribadeo, pero co golaverage perdido. Esto permítelle ao equipo mariñán, adestrado por Manolo Vilachá, a posibilidade de cometer un erro, que podería ser este fin de semana na súa visita ao campo do cuarto, o Burela.

A pesar disto, a U.D. Pastoricense tentará sumar os tres puntos en Chantada, algo que non fixo ningún equipo. De feito, nos catorce partidos que disputou o cadro dirixido por Montoto como local gañou trece e só cedeu un empate, recentemente, ante o Escairón.

Para o partido deste fin de semana, Fiz non poderá contar con Fontela e Santi. O resto de xogadores están a disposición do míster para afrontar o partido como visitante máis complicado que lle resta esta tempada. Para ver o resto da xornada pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario