A U.D. Pastoricense colleitou un resultado positivo ante o todopoderoso Ribadeo ao empatar sen goles no partido disputado no día de hoxe. Ao longo dos 90 minutos as ocasións foron escasas por parte dos dous equipos e o reparto de puntos amósase como o resultado máis xusto respondendo ao fútbol despregado por parte das dúas escadras. Cabe destacar a boa afluenfia de público ao estadio do Acebreiro nunha tarde chuviosa pero cunha temperatura agradábel.
O Ribadeo, un dos equipos máis fortes da categoría a tenor dos fichaxes realizados, non foi quen de poñer en apuros a unha defensa pastoricense que se motrous moi segura ao longo dos 90 minutos. Unha ocasión de Diego no primeiro tempo, para o Pastoricense, e outra de Óscar Pol na que se luciu o gardamallas Rumbera, para o Ribadeo, foron as dúas únicas oportunidades de gol.
Polo Pastoricense xogaron:
Rumbera, Carlos, Cami, Iago, Juanma, Fontela, Penelas, Mel, Martín, Diego e Farra. Tamén interviron: Iván, Andrés, Diego Castro, José Ángel e Jose.

Plantilla U.D. Pastoricense 2010-2011
domingo, 31 de octubre de 2010
Victoria cómoda dos xuvenís ante o Cospeito por 3-1
A U.D. Pastoricense xuvenil venceu onte ao Cospeito por 3-1 na sexta xornada de liga. Con estes tres puntos, a U.D. suma trece puntos e continúa na segunda posición a tan só dous do Sagrado Corazón que onte tamén gañou na súa visita ao campo do Xove Lago por 0-1.
Por parte da U.D. Pastoricense xogaron: Reina, Dani, Iago, Diego, Aníbal, Javi, Cali, Fernando, Canuto, Iván Seco e Jony. Tamén interviron: Varela, Guti, Simón e Javi.
Os goleadores foron Fernando en dúas ocasións e Jony.

Etiquetas:
Cospeito,
Pastoricense,
Xuvenil
viernes, 29 de octubre de 2010
Partido apaixoante no Acebreiro
Os afeccionados ao fútbol de categorías rexionais non pode perderse o encontro que este domingo ás 16.30 disputan no campo do Acebreiro a U.D. Pastoricense e o Ribadeo, dous equipos que se atopan nun bo momento de forma a pesar de contar con filosofías deportivas materialmente distintas.
As coincidencias fan que os dous equipos cheguen a este duelo cunha sóa derrota colleitada no mesmo campo no do Bóveda. O Ribadeo ocupa o segundo posto con 5 victorias e 2 empates, cun total de 17 puntos. Non é de extrañar que o equipo dirixido por Manolo Vilachá se atope nas posicións de cabeza pois o pasado verán realizou fichaxes de remarcado renome e procedentes a maioría de superiores categorías. Así fíxose coas incorporacións de Óscar Pol e Vilela (Castro), Isma (Valadouro), Álvaro (As Pontes), Viuski (Lugo), David Ferreiro e Edi (Foz), Porto (Polvorin) e Núñez (San Roque). A priori, calquera equipo da categoría con estas incorporacións sería candidato ao ascenso de categoría, algo que o Ribadeo leva perseguindo varios anos e polo que o ano pasado, na xornada 4, se fixo cos servizos de Vilachá, entrenador da U.D. Pastoricense naqueles intres.
O morbo, pois, neste encontro está servido polo regreso do adestrador que abandonou a disciplina da U.D. na xornada 3 e por tratarse dun dos serios candidatos ao ascenso. Para este partido, o entrenador ribadense non poderá contar con Isma, sancionado.
Pola súa banda, a U.D. Pastoricense tentará continuar coa súa liña de ir sumando partido a partido para alcanzar a meta da permanencia o antes posíbel. Logo das dúas victorias consecutivas ante Lourenzá e Cabreiros os pupilos de Fiz tentarán sumar algo positivo no duelo ante o Ribadeo. Para este domingo o adestrador de Saldanxe non poderá contar con Álex, por sanción, e con Raúl, Santi, Peña, Rafa e Iñaki, por lesión.
O resto da xornada podes consultalo pinchando aquí.

Ribadeo
jueves, 28 de octubre de 2010
A U.D. Pastoricense Xuvenil recibe ao Cospeito
O equipo dirixido por Raúl quere continuar coa boa racha acadada nestes primeiros encontros de liga e buscará ante o Cospeito a cuarta victoria da tempada. A U.D. Pastoricense atópase segundo na clasificación con 10 puntos, tres victorias e un empate, a tan só dous puntos do líder invicto, o Sagrado Corazón. Hai que lembrar que na anterior xornada o equipo da Pastoriza venceu ao Pol por 0-3, goles de Iván Seco, Dani e Manuel.
O Cospeito, pola súa banda, chegará á Pastoriza con seis puntos, dúas victorias e dúas derrotas. O pasado fin de semana o equipo da Chaira caeu derrotado por 1-2 ante o líder. Un resultado que a pesar de non ser positivo si que serviu para ver que estamos ante un equipo forte e aguerrido que porá moi difícil as cousas aos pastoricenses.
Raúl contará, a falla do adestramento do venres, con todo o plantel agás con Manuel, lesiondo, e Diego Pirata, sancionado. Para ver o resto da xornada podes pinchar aquí.

martes, 26 de octubre de 2010
A U.D. Pastoricense aproba con nota trala disputa dun cuarto de liga
A U.D. Pastoricense está a realizar unha labor excelente no seu estreo na Primeira Autonómica. Trala disputa de case un cuarto de liga, o equipo adestrado por Fiz sitúase no quinto posto con 13 puntos. Nunha liga que neste ano se mostraba competida e que conta con equipos que por tradición sempre xogaron en categorías superiores como Chantada ou Burela e con equipos que en pasada edicións estiveron en preferente, como Santaballés, Valadouro, Ferreira ou Iberia.
O balance do equipo pastoricense é de 3 victorias (Milagrosa, Lourenzá e Cabreiros), catro empates (Burela, Folgueiro, Taboada e Riotorto) e a derrota ante o Bóveda. No plano ofensivo, a U.D. conta con 13 goles a favor, quinto posto neste ranking, e 11 en contra, ocupando o séptimo lugar. En canto aos goleadores do equipo destaca Farra con 4 goles seguido de Iñaki, Iago e Martín con 2. Con un gol atópanse Mel, Iván e Fontela.
Con este panorama, o equipo da Pastoriza sempre mirando con precaución e respecto todos os partidos está a sumar puntos e tan só leva colleitada unha derrota,. Un equipo sen grandes incorporacións pero que se caracteriza por ser un grupo unido, con capacidade de traballo e, sobre todo, con moito sacrificio.
Agardemos que a liña continúe o nivel que se leva demostrado até agora e que se deixe encamiñada a salvación ao remate desta primeira volta. Para comezar, o vindeiro fin de semana a U.D recibe ao Ribadeo, un equipo feito para ascender con xogadores de recoñecido prestixio como Álvaro, Chinco ou Óscar Pol e cun adestrador coñecido para a afección da Pastoriza, Manolo Vilachá. Agardamos todos un partido moi entretido e no que o equipo pastoricense siga invicto no seu feudo.
Como nota positiva de cara ao partido do domingo hai que destacar a recuperación de Cami tralo golpe sufrido na cabeza o pasado domingo mentres facía exercicios de quecemento, o que lle impediu disputar o encontro ante o Cabreiros. Fiz contará coas baixas seguras de Rafa, Iñaki, lesionado, e Alex, que foi expulsado no anterior encontro.

Balance,
Pastoricense
domingo, 24 de octubre de 2010
A U.D. Pastoricense gaña por 2-3 ante o Cabreiros
A U.D. Pastoricense conseguiu na tarde de hoxe un valioso triunfo no sempre dificil campo do Cabreiros. A pesar da lesión do capitán, Cami, no quecemento, tras un choque fortuíto con Mel, o equipo que dirixe Fiz soubo soprepoñerse e acadou a victoria por 2-3. Os goleadores do Pastoricense foron Fontela e Farra en dúas ocasións. Por parte local xogaron:
U.D. Pastoricense: Rumbera, Álex, Carlos, Penelas, Juanma, Fontela, Mel, Iván, Martín, Diego e Farra. Tamén xogaron: Diego Castro, Jose, Iván Seco e Andrés.
Con esta victoria a U.D. Pastoricense quédase con 13 puntos na clasificación, á espera dos outros resultados.

Cabreiros,
Pastoricense
sábado, 23 de octubre de 2010
A U.D. Pastoricense xuvenil gaña por 0-3 ao Pol
A U.D. Pastoricense fixo bos os pronósticos e venceu ao Pol por 0-3 nun partido no que o cadro pastoricense nunca pasou apuros. Por parte local xogaron:
Reina, Diego Pirata, Iago, Diego, Aníbal, Javi, Canuto, Dani, Iván, Fernando e Jony. Tamén xogaron: Cali, Simón, Guti, Manuel e Javi II.
Goles: 0-1 Dani, 0-2 Iván, 0-3 Manuel.
Reina, Diego Pirata, Iago, Diego, Aníbal, Javi, Canuto, Dani, Iván, Fernando e Jony. Tamén xogaron: Cali, Simón, Guti, Manuel e Javi II.
Goles: 0-1 Dani, 0-2 Iván, 0-3 Manuel.
Etiquetas:
Pastoricense,
Pol,
Xuvenil
viernes, 22 de octubre de 2010
Un enfrontamento entre vellos coñecidos...
A U.D. Pastoricense visita este fin de semana o campo do Cabreiros, un vello coñecido da afección pastoricense tras os diversos enfrontamentos que mantiveron en segunda rexional en anteriores tempadas. Os xogadores de Fiz tentarán seguir coa liña ascendente comezada no anterior encontro ante o Lourenzá e sumar algo positivo na súa visita ao cocnello de Xermade. O encontro terá lugar o domingo ás 16.00 horas.
Para o encontro, a U.D. non poderá contar cos lesionados Santi, Raúl, Peña, Iñaki e Rafa nin co sancionado Iago, que viu a quinta amarilla no encontro ante o Lourenzá. Asemesmo, o gardamallas Ivo, que chegara procedente do Racing Vilalbés decidiu non continuar no equipo. A pesar destas sete baixas, Fiz poderá dispor dunha alineación de garantías para o partido do domingo.
O Cabreiros estase a mostrar un equipo fiábel neste comezo de temporada, onde suma 12 puntos ocupando o cuarto lugar. Como local, acadou dúas victorias ante Bóveda e Escairón e unha derrota contundente ante o Ribadeo por 0-3. Onde mellores números esta a mostrar o equipo xermadense é cando actúa como visitante onde non coñece a derrota e saca algo positivo en todos os campos. Na última xornada, acadou un empate sen goles no campo do Valadouro.
No apartado goleador, o Cabreiros móstrase como un equipo sen moita capacidade goleadora pero tamén como un equipo ao que é difícil marcarlle. En total, conta con 8 goles a favor e 7 en contra o que da mostra da rendabilidade que quita á súa capacidade ofensiva. De feito, todas as victorias acadadas por este equipo foron pola mínima.
A U.D. Pastoricense mostra uns números similares con 10 goles a favor e 9 en contra polo que o encontro plantéxase como un duro duelo entre dous equipos serios en defensa. Por este motivo, agárdase que teña moita importancia para acadar a victoria ser o primeiro en adiantarse no marcador. Agardemos, pois, que sexa a U.D. Pastoricense a que acade un resultado positivo neste sempre difícil campo.
O resto da xornada podedes consultalo pinchando aquí.

jueves, 21 de octubre de 2010
Derbi na liga autonómica xuvenil
Este fin de semana a Liga Autonómica Xuvenil terá un derbi dos que a todos os xogadores lles gusta disputar, e que enfrontará á U.D. Pastoricense contra o Pol. A pesar de ser un partido no que os pupilos de Raúl visitaran o campo do Pol produciuse un cambio de campo e o encontro terá lugar o vindeiro sábado no campo municipal do Acebreiro ás 16.30 horas.
A U.D. Pastoricense chega a este partido coas pilas cargadas despois da recente goleada ao Ribadeo por 8-0, nun partido de claro dominio local e no que destacou o hat trick de Iván Seco. Con estes tres puntos o equipo de Raúl sitúase terceiro na clasificación con dúas victorias e un empate. Pola súa banda, o Pol chegará a Pastoriza con 0 puntos, despois da disputa dos tres primeiros partidos e cunha bagaxe de 10 goles en contra e dous a favor. Para ver a clasificación completa pincha aquí.
O resto da xornda terá os seguintes enfrontamentos.
No partido ante o Pol, o equipo pastoricense recuperará ao seu porteiro Reina, despois da ausencia por motivos personais no anterior encontro, onde un xogador de campo, Dani, tivo que facer as veces de gardamallas. Outra nota destacada será a U.D. Pastoricense contará tamén con Fernando, recente incorporación, e que chega ao equipo da Pastoriza procedente do Pol.

domingo, 17 de octubre de 2010
A U.D. Pastoricense vence por 2-0 ao Lourenzá
A U.D.Pastoricense acadou esta tarde un importante triunfo ante o Lourenzá por 2-0. O equipo que dirixe Fix Rodríguez deixou practicamente sentenciado o encontro ao descando onde xa se reflexaba no marcador o resultado final. Iván e Martín foron os goleadores dun encontro no que o cadro local foi o claro dominador ao longo dos 90 minutos.
Por parte do Pastoricense xogaron: Rumbera, Alex, Cami, Iago, Juanma, Carlos, Penelas, Fontela, Martín, Iván e Farra. Tamén xogaron: Diego, Iván Seco, Mel e José Ángel.
O Pastoricense suma así 10 puntos na clasificación.
Para ver o resto da xornada e a clasificación pincha aquí.

Lourenzá,
Pastoricense
sábado, 16 de octubre de 2010
A U.D. Pastoricense xuvenil golea ao Ribadeo
O equipo xuvenil da U.D. Pastoricense mostrouse hoxe contundente e cumpriu os pronosticos ante o Ribadeo, equipo que chegaba ao enfrontamento de hoxe como colista do grupo. O partido non tivo incertidume e o equipo da Pastoriza mostrouse claramente superior. Destacou o hat trick de Ivan Seco. Tamen marcaron Diego Pirata, en duas ocasions, Jonny, Manuel e Guti.
Lembremos que maña a U.D. Pastoricense ten un partido moi importante ante o Lourenza. Os convodados para afrontar este encontron son: Rumbera, Ivo, Carlos, Alex, Iago, Cami, Juanma, Diego, Jose Angel, Mel, Ivan G., Penelas, Fontela, Martin, Farra e Ivan Seco.

Ribadeo,
Xuvenil
viernes, 15 de octubre de 2010
Partido complicado ante o Lourenzá
A U.D. Pastoricense recibirá este domingo ás 16.30 horas a un equipo que está a desenvolver un bo comezo de temporada, como é o Lourenzá. Un equipo que destaca polo seu poderío físico e por facer un fútbol directo e rápido que moitas veces sorprende aos seus rivais. Antes da disputa desta xornada conta con 9 puntos que o sitúan sexto na táboa con dúas victorias, tres empates e unha soa derrota. Hai que destacar a súa capacidade goleadora ao contar con 13 tantos a favor, o segundo equipo que mellor rendabiliza as súas xogadas de ataque.
Para o enfrontamento do domingo, o Lourenzá conta coa dúbida de Recalde, un dos homes máis importantes do equipo, e que leva varias semanas aqueixado dunha escorredura de nocello. Pola súa banda, Fiz non poderá contar por lesión con Iñaki, Raúl, Rafa, Peña, Andrés e Santi e mantén as dúbidas até última hora de Iago, Cami e Diego, que sufriron sendos golpes no partido do pasado fin de semana ante o Bóveda. De confirmárense estas baixas, o entrenador pastoricense só disporía de 16 xogadores para encarar o partido do domingo, o que non vai mermar en todo caso o potencial do equipo da Pastoriza.
O resto da xornada podedes consultalo pinchando aquí.
Por outro lado, o equipo xuvenil recibirá o sábado ás 16.30 ao Ribadeo, no que será a terceira xornada do campionato e no que os xogadores de Raúl tentarán manter o bo comezo nos dous primeiros partidos coa victoria ante o Foz e o empate en Lourenzá, a priori serios candidatos ao ascenso a Liga Galega.
Etiquetas:
Lourenzá,
Pastoricense,
Xuvenil
miércoles, 13 de octubre de 2010
Primeira derrota da U.D. Pastoricense
A U.D. Pastoricense colleitou este fin de semana a primeira derrota da tempada no campo do Bóveda por 2-0, un resultado abultado nun encontro no que o colexiado non se mostrou todo o acertado que debera, anulando dous goles legais ao equipo de Fiz. Por parte do Pastoricense xogaron: Rumbera, Alex, Cami, Iago, Juanma, Mel, Penelas, Fontela, Diego, Iván G. e Farra. Tamén xogaron: Martín, Andrés e Carlos.
Como nota negativa do encontro, ademais do resultado, foi a recaída de Diego da súa lesión que fai que sexa seria dúbida para o encontro deste fin de semana ante o Lourenzá.
A clasificación queda agora do seguinte xeito:
O resto da xornada podes consultala pinchando aquí.
A clasificación queda agora do seguinte xeito:
O resto da xornada podes consultala pinchando aquí.
Etiquetas:
Bóveda,
Pastoricense
viernes, 8 de octubre de 2010
Visita ao difícil campo do Bóveda
A U.D. Pastoricense afronta este fin de semana un partido complicado coa visita ao campo do Bóveda CF, un clube fundado no 1996 e que leva colleitando éxitos importantes nos últimos anos. Hai que lembrar que na anterior temporada chegou a disputar unha promoción de ascenso a preferente contrao e equipo compostelán do Grixoa e da que saiu derrotado. No ano 2009 o Bóveda acadou o ascenso de Segunda Autonómica e proclamouse campión da Copa Diputación, o que dan conta da calidade e o traballo ben feito por parte deste clube.
Na actualidade, logo de disputárense 5 partidos, o Bóveda ocupa a duodécima posición con seis puntos, e suma dúas victorias e tres derrotas. Na última xornada, o equipo do sur da provincia colleitou unha derrota no campo do Valadouro por 2-0. Á vista dos seus datos, móstrase como un equipo que está a ter dificultades de cara ao gol, pois en cinco xornadas só foi capaz de marcar 3 goles, dato que os sitúa como dos equipos menos goleadores. A pesar diso, o Bóveda móstrase como un equipo moi forte no seu feudo onde gañou os dous partidos disputados, ante o Ribadeo e o Escairón, ambos polo mesmo resultado de 1-0.
O Pastoricense, pola súa banda, viaxa ao campo do Bóveda coa mentalidade posta en continuar coa súa imbatibilidade na categoría e co claro obxectivo de rendablizar o seu desprazamento. Fiz contará coas baixas de Santi, Peña, Rafa, Raúl e Iñaki, baixas moi importantes para o equipo da Pastoriza pero que non van imposibilitar que o entrenador pastoricense presente un once de garantías. A U.D. móstrase como un equipo solvente cando actúa como visitante xa que na presente temporada foi quen de gañar na súa visita á Milagrosa por 2-3 e acadou un xusto empate no municipal da Veiga, fronte ao Riotorto por 1-1.
O resto da xornada contará cos seguintes enfrontamentos:
Etiquetas:
Bóveda,
Pastoricense
jueves, 7 de octubre de 2010
Loubanzas á U.D. Pastoricense
Revisando a prensa deportiva atopamos no diario El Progreso, na súa edición da mariña de onte, o análise da xornada de primeira autonómica. Resulta gratificante o traballo dos redactores de deportes de El Progreso na edición da Mariña, falando durante a semana dos equipos da zona, entrevistanto adestradores, con artigos de opinión... A miña pregunta é a seguinte: acaso na Chaira non poderiamos facer algo así? Todos sabemos que os deportes é algo que le moito a xente, e é un dos activos da prensa local, xunto coa información de proximidade e as esquelas... Que ninguén pense que un cidadán que quere coñecer o que pasa na economía mundial vai coller El Progreso. Por iso dende aquí quero mandar a petición á delegación da Terra Chá de El Progreso para que lle adique medios e atención ao deporte chairego. A ver se nos fan caso.
Centrándome xa na cuestión do artigo, José Manuel Teijeiro, ex porteiro de multitude de equipos en preferente e terceira división e adestrador tamén do Xove Lago, co que acadou o ascenso a preferente, fai unha análise cada semana da primeira autonómica. Nela fala dos equipos da mariña e tamén deixou un oco para o Pastoricense, destacando a súa labor na recente estrenada categoría e, sobre todo, o feito de ser o único equipo invicto da mesma. Déixovos o link, do pdf do xornal por si vos interesa. Está na páxina 12.
Etiquetas:
Pastoricense
A U.D. Pastoricense xuvenil tamén continúa invicta na categoría
O equipo xuvenil da U.D. Pastoricense disputou o fin de semana pasado o seu segundo partido na categoría acadando un empate a ceros no sempre difícil campo do Lourenzá. Os pupilos de Raúl Sanjurjo suman así catro puntos, logo da victoria ante o Foz no primeiro partido de liga por 3-1 (goles de Iván, Diego e David). As alineacións na última xornada foron as seguintes:
Lourenzá: Piteiro, Pulpeiro, Roy, Martín, Dario, Adil, Jorge, Dani, Imad, Álvaro e Diego. Tamén xogaron Iván e Esteban.
U.D. Pastoricense: Reina, Pirata, Iago, Diego, Aníbal, Martín, Javi, Canuto, Manuel, Iván e Jonny. Tamén xogaron: Javi II, Guti, Simón e Iván II.
A priori, segundo indicaban os medios, Lourenzá e Foz eran serios candidatos ao ascenso pero polo demostrado nestes partidos a cousa vai estar bastante igualada. A U.D. Pastoricense continúa no proceso de adaptación logo de que oito xogadores pasaran de categoría. Este ano contan cun equipo moi renovado, con xogadores moi novos e que polo momento se están adaptando pero que xa demostraron que poden estar a un moi bo nivel durante toda a temporada.
O Pastoricense atópase así na sexta posición con catro puntos, a tan só dous do Sagrado Corazón e Cospeito, que contan os seus partidos por victorias. Na vindeira xornada, o Pastoricense recibirá no campo municipal do Acebreiro ao Ribadeo, o pechacancelas da categoría que aínda non sumou ningún punto e que nesta xornada foi goleado polo líder da categoría, o Sagrado, por 1-8.

martes, 5 de octubre de 2010
Empate ante o Taboada
O Pastoricense empatou este fin de semana ante o Taboada, un equipo que chegaba nun estado de forma excelente ao municipal do Acebreiro. A escadra pastoricense sitúase como o único equipo que non coñece a derrota en Primeira Autonómica, logo da derrota do Burela ante o Calasancio, outro equipo recén ascendido. As alineacións dos equipos foron as seguintes:
U.D. Pastoricense: Ivo, Alex, Iago, Cami, Juanma, Mel, Fontela, Raúl (Martín), Iván(Carlos), Andrés e Farra.
Taboada: Roi, Miguel, Gay, Alberto, Mejuto, Andrés, Marcos, Poyán, Iván, Besteiro e Guerreiro. Tamén xogaron Moscoso, Conde, Ceás e Rojo.
Goles: 0-1 Guerreiro. 1-1 Iago de penalti.
A U.D. Pastoricense xoga este fin de semana no campo do Bóveda. Fiz tentará recuperar a algún dos lesionados na pasada xornada e contará coa baixa novamente de Raúl, que recaeu da súa rotura fibrilar na perna esquerda. A clasificación, despois da disputa de seis xornadas queda do seguinte xeito.
http://www.icompeticion.com/ic/1/1/820/index.asp

Taboada
viernes, 1 de octubre de 2010
Vídeo do ascenso
Aquí vos deixo un vídeo feito por unha das mellores afeccionadas coas que conta o Pastoricense, Nerea, con moito do ascendo da U.D. Pastoricense a 1ª Autonómica. Neste pequeno audiovisual poderedes ver unha selección das mellores imaxes do partido en Viveiro no que se acadou o tan ansiado encontro. Grazas Nerea e grazas afección polo apoio recibido.
Etiquetas:
Vídeo Ascenso
Clasificación U.D. Pastoricense
Aquí vos deixo a clasificación do grupo 2º da Primeira Autonómica tras a disputa da cuarta xornada. Recordamos que a U.D. Pastoricense disputa este fin de semana o seu partido o domingo ás 17.30 horas da tarde ante o Taboada.
O adestrador, Fiz Rodríguez, non poderá contar cos lesionados Iñaki, Santi, Peña e conta tamén coa dúbida de Diego.
P.D. Xa que este mércores se produciu unha folga xeral podesdes consultar toda a información relativa a este acontecemento na páxina do sindicato CIG.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)