A U.D. Pastoricense acadou onte o terceiro posto na clasificación da Primeira Autonómica logo de empatar a 1 na súa visita ao campo dos Medos, na Pobra do Brollón. O partido estivo marcado por unha arbitraxe condicionada pola afección local e na que o único perxudicado foi o cadro pastoricense.
Na primeira metade o Pastoricense foi o claro dominador do encontro, sobre todo dende o minuto 30 onde o cadro local se quedaba con 10 trala xusta expulsión dun dos seus xogadores despois de para na liña de gol un balón coa man. A mala sorte aliábase co Pastoricense co fallo desa pena máxima por parte de Farra. Aínda así o equipo da Pastoriza seguía atacando e metía ao equipo local no seu campo.
Tralo descando, o infortunio volveuse outra vez contra o equipo que dirixe Fiz. Nunha falta ao borde da área o balón cólase polo medio da barreira e poñía o 1-0 no marcador. O Brollón, a partir de aquí, renunciou por completo ao ataque e meteu oito xogadores en dúas liña con Iago descolgado no ataque. O Pastoricense seguía a inclinar o campo contra a meta do porteiro local e froito disto chegou un balón á esquina da área onde Martín, cun toque sutil, poñía o empate no marcador.
O Pastoricense non se conformaba e quería buscala merecida victoria pero a figura do árbitro, o mesmo que anulara dous goles no partido do Bóveda, queríase erixir protagonista. Así, nunha pérdida de balón no medio do campo, o xogador local Iago quedábase só diante de Rumbera e cando o dianteiro lle fixo unha vaselina o porteiro visitante despexábaa claramente coa cabeza a córner. O colexiado sinalaba man e expulsaba ao cancerbeiro que incrédulo e impotente poñía camiño cara os vestiarios.
Así, chegouse ao final do encontro, con Farra xogando de cancerbeiro visitante e con outras dúas ocasións para o cadro pastoricense. Tralo encontro, o colexiado dixo que igual se equivocara e sinalou na acta que tanto o delegado visitante como o local, ademais dos xogadores, afirmaban que Rumbera tocara o balón coa cabeza. Agardamos que a Federación tome nota e retire a vermella ao porteiro e sancione a un colexiado que abusa dunha prepotencia e de pouco coñecemento das regras de xogo.
Por parte do Pastoricense xogaron: Rumbera, Diego Castro, Álex, Cami, Carlos, Penelas, Mel, Fontela, Martín, Diego e Farra. Tamén xogaron: Iñaki, Iván G., Andrés e Santi.
Con este punto o Pastoricense supera ao Ribadeo na táboa e colócase terceiro a un punto do Burela, segundo clasificado. Na próxima xornada o equipo que dirixe Fiz recibe ao Chantada mentres que o Ribadeo fará o propio ante o Burela. Para ver o resto dos resultados desta xornada pincha aquí.

Plantilla U.D. Pastoricense 2010-2011
lunes, 29 de noviembre de 2010
O Pastoricense logra un punto en Brollón a pesar do colexiado
Etiquetas:
Brollón,
Pastoricense
domingo, 28 de noviembre de 2010
O Pastoricense xuvenil vence por 1-2 na Pontenova
A U.D. Pastoricense xuvenil cumpriu os pronósticos e fíxose coa victoria no campo da Mina, na Pontenova. Os pupilos de Raúl sufriron durante os 90 minutos para acadar os tres puntos, algo que conseguiron no minuto 93 cun gol de Iago nunha xogada de estratexia. Antes, o equipo da Pastoriza fallara un penalti.
Por parte da U.D. xogaron: Reina, Diego Pirata, Diego, Iago, Aníbal, Javi, Canuto, Fernando, Iván, Dani e Joni. Tamén interviu: Manuel
Fernando e Iago anotaron os goles do Pastoricense.

Pastoricense,
Pontenova
viernes, 26 de noviembre de 2010
O Pastoricense viaxa á Pobra do Brollón na procura dos 3 puntos
A U.D. Pastoricense xogará este fin de semana novamente como visitante logo da victoria no campo do Valadouro por 0-1. Nesta ocasión, o rival será o Brollón un equipo que como local só sumou dúas victorias esta tempada e sufriu catro derrotas. O equipo do sur de Lugo conta na clasificación con 15 puntos e na anterior xornada sufriu a derrota ante o Riotorto por 4-3 logo de ir gañando por 1-3 a falta de 20 minutos para o final.
Pola súa banda, o Pastoricense continúa na súa liña de ascenso e viaxa co obxectivo de traer algo positivo para a Pastoriza. Fiz contará coas baixas de Juanma, sancionado, e Raúl, Iago e Xose, lesionados. Iñaki será dúbida até última hora, despois do adestramento desta tarde.
A pesar das baixas, o adestrador de Saldanxe contará con efectivos suficientes para facer un once de garantías que saia, como ben sendo habitual, a pelexar dende o minuto 1 ao 90 para acadar os tres puntos e seguir con esa seguridade defensiva que o está mantendo nos postos altos da tábao. De feito, nos últimos catro encontros só encaixou un gol, a balón parado no partido ante o Fereira.
O resto da xornada podes consultalo aquí.

jueves, 25 de noviembre de 2010
Os xuvenís visitan o campo da Pontenova coa mente posta no primeiro posto
A U.D. Pastoricense xuvenil xogará este sábado un importante partido no campo da Mina, na Pontenova, ante o equipo local na busca de sumar os tres puntos e continuar así presionando ao seu máximo rival, o Sagrado Corazón. Hai que destacar que o equipo lucense visita o campo do Alfoz, sexto clasificado e que non lle vai por as cousas doadas.
Se o Pastoricense suma os tres puntos e o Sagrado non gañara situaríase como líder da liga de Primeira Autonómica Xuvenil. Un posto moi meritorio para un equipo de rapaces todos da Pastoriza e a maioría de primeiro e segundo ano, cun bo futuro futbolístico por diante.
Raúl recupera para este encontro a Reina, o porteiro, que por motivos persoais foi baixa no anterior encontro. En principio, o adestrador pastoricense poderá contar con todo o seu plantel para este partido.
Para ver o resto da xornada pincha aquí.

martes, 23 de noviembre de 2010
O xogador do Chantada Kadete sitúa ao Pastoricense nos candidatos ao ascenso
Se ben é certo que a traxectoria do Pastoricense no que vai desta tempada podemos definila como excelente non debemos esquecer aqueles obxectivos que nos marcamos a comezos de tempada que non eran máis que a permanencia nunha cateogoría á que acabamos de chegar e na que levabamos moito tempo sen xogar.
Despois da disputa de 12 partidos o meritorio cuarto posto non fai máis que indicar que todo se está a facer moi ben por parte do adestrador e dos xogadores pero tamén significa que ao ter 21 puntos sumados son menos os que nos faltan para a permanencia. E que canto antes se consiga este obxectivo pois moito mellor e que, evidentemente, non imos a renunciar a quedar segundos nin terceiros nin sextos pero sempre mirando partido a partido.
Facemos este comentario logo das declaracións do xogador do Chantada Kadete que falaba de candidatos ao ascendo, ademais do seu equipo, a Ribadeo, Burela, Lourenzá e Pastoricense. Podes ver as súas palabras pinchando aquí.

Ascenso,
Kadete,
Pastoricense
domingo, 21 de noviembre de 2010
Un gol de Mel ao comezo do encontro da os tres puntos ao Pastoricense
A U.D. Pastoricense continúa coa súa racha positiva tras conseguir na tarde de hoxe unha importante victoria ante o Valadouro por 0-1, cun gol de Mel á saída dun córner nos minutos iniciais do encontro. O equipo adestrado por Fiz continúa así outra semana no cuarto posto á espera do que fixeron os outros rivais.
Por parte do Pastoricense xogaron: Rumbera, Álex, Carlos, Cami, Juanma, Diego, Mel, Penelas, Mártín, Iván e Farra. Tamén interviron: Diego Castro, Andrés, Santi e José Ángel.
Por parte do Pastoricense xogaron: Rumbera, Álex, Carlos, Cami, Juanma, Diego, Mel, Penelas, Mártín, Iván e Farra. Tamén interviron: Diego Castro, Andrés, Santi e José Ángel.
Etiquetas:
Pastoricense,
Valadouro
sábado, 20 de noviembre de 2010
Tres puntos máis para o equipo xuvenil despois de vencer por 6-0 ao Iberia
A U.D. Pastoricense fixo bos os pronósticos que o situaban como favorito ante o Iberia e gañou o partido con comidade por 6-0. Un encontro no que os pupilos de Raúl dominaron de principio a fin e non que non houbo opción á sorpresa.
Pola U.D. Pastoricense interviron: Dani, Pirata, Diego, Iago, Aníbal, Canuto, Javi, Manuel, Iván, Fernando e Joni. Tamén xogaron: Rafa, Cali, Javi Panadeiro e Simón.
Goles: 2 Iván, 2 Diego, un Javi Panadeiro e outro Fernando.
O equipo de Raúl suma así 19 puntos.

Iberia,
Pastoricense
viernes, 19 de noviembre de 2010
O Pastoricense buscará no Valadouro un resultado positivo
A U.D. Pastoricense xoga este domingo ante o Valadouro, no cambio deste último, ás 16.15 horas. O partido preséntase emocionante e o equipo que dirixe Fiz buscará continuar coa boa racha e acadar un resultado positivo que o manteña nas posicións altas da táboa.
O Valadouro ocupa a antepenúltima posición, con 9 puntos, trala goleada recibida na última xornada no campo do Brollón. O equipo da mariña lucense suma dúas vitorias, catro empate e cinco derrota cun bagaxe goleador de 6 goles a favor e 14 en contra. Pódese destacar a pouca eficacia goleadora deste conxunto así como tamén a súa boa defensa que é un dos factores polo que se mantén na pelexa da permanencia en 1ª autonómica.
Fiz poderá contar con todo o plantel ao seu dispor a excepción de Raúl, Iñaki e Jose e contará coa dúbida até última hora de Iago aqueixado dunhas molestias do partido anterior. O adestrador Pastoricense recupera a Mel, baixa por sanción contra o Escairón.
Para consultar o resto da xornada pincha aquí.

jueves, 18 de noviembre de 2010
O equipo xuvenil recibe ao Iberia co obxectivo de sumar tres puntos máis
A U.D. Pastoricense xuvenil recibe este sábado ás 16.15 horas da tarde no campo municipal do Acebreiro ao Iberia, un equipo que chegará á Pastoriza coa moral polas nubes trala victoria pola mínima ante o até daquela invicto Sagrado Corazón. O equipo que dirixe Raúl tentará sumar so tres puntos para continuar na segunda praza á espera dun posíbel erro do Sagrado que recibe ao Sporting Pontenova.
O adestrador pastoricense contará con todo o seu plantel para enfrontarse ao equipo de San Miguel de Reinante e sumar así unha victoria que lles permita seguir coa boa traxectoria desta tempada. Para ver o resto da xornada pincha aquí.
O adestrador pastoricense contará con todo o seu plantel para enfrontarse ao equipo de San Miguel de Reinante e sumar así unha victoria que lles permita seguir coa boa traxectoria desta tempada. Para ver o resto da xornada pincha aquí.
Etiquetas:
Iberia,
Pastoricense
lunes, 15 de noviembre de 2010
O Pastoricense alcanza a cuarta praza ao vencer ao Escairón por 1-0
A U.D. Pastoricense continúa dando alegrías á súa afección. Desta vez, a victoria tivo lugar nos últimos minutos ante o Escairón por 1-0, un gol de Farra tras coller o rechace dun penalti claro, cometido sobre Santi. O dominio local foi claro en todo o partido, con ocasións erradas ante a portería de Gallardo, mellor xogador do equipo visitante onte sobre o céspede.
As ocasións repetíanse pero o Pastoricense non era quen de materializalas. Xa na primeira metade, David enviou un balón ao poste tras unha boa xogada de Diego. No segundo tempo Farra, Diego e Martín dispuxeron de boas ocasións para adiantar aos locais pero o balón non quería entrar. A uns minutos do final, un bo pase de Iván a Santi deixábao só diante o porteiro pero o defensa rival derribouno dentro da área e o colexiado sinalou a pena máxima. Iago facía un bo lanzamento pero o meta Gallardo adiviñou o lado e atopouse co esférico deixándoo morto dentro da área pequena, ocasión que aproveitou o pichichi local Farra para facer o merecidísimo 1-0.
Por parte do Pastoricense xogaron: Rumbera, Alex, Cami, Iago, Juanma, Fontela (Martín), Carlos, Penelas (Andrés), Diego (Santi), Iván e Farra(Diego Castro).
Escairón: Gallardo, Varela, Diego, Cándido, Cidre, José Antonio, Aitor, Máikel, Dennis, Mario e Fabio. Tamén xogaron: Miguel, Félix e Roberto.
O Pastoricense, con esta victoria, sitúase cuarto na clasificación con 18 puntos e afronta con tranquilidade o vindeiro partido, coa visita ao campo do Valadouro, un equipo que precisa gañar para saír dos postos de perigo.

Escairón,
Pastoricense
domingo, 14 de noviembre de 2010
O Pastoricense xuvenil vence en Xove por 1-3
A U.D. Pastoricense continúa no segundo posto da clasificación logo de vencer onte no campo do Xove Lago por 1-3. O dominio visitante foi claro durante todo o encontro e o resultado amósase corto para os méritos realizados polos dous equipos.
Por parte da U.D. Pastoricense xogaron: Reina, Dani, Pirata, Iago, Aníbal, Javi, Canuto, Fernando, Manuel, Joni e Iván. Tamén interviron: Simón, Cali e Rafa. Os goles foron obra de Joni, Iago e Dani.
Por parte da U.D. Pastoricense xogaron: Reina, Dani, Pirata, Iago, Aníbal, Javi, Canuto, Fernando, Manuel, Joni e Iván. Tamén interviron: Simón, Cali e Rafa. Os goles foron obra de Joni, Iago e Dani.
Etiquetas:
Pastoricense,
Xove Lago
viernes, 12 de noviembre de 2010
Xornada importante para a U.D. Pastoricense
A xornada deste fin de semana amósase moi importante polos enfrontamentos que se van producir na parte media-alta da táboa onde se atopa a U.D. Pastoricense. O equipo de Fiz recibe o domingo ás 16.00 ao Escairón, décimo na clasificación, con 13 puntos, a tan só dous da escadra da Pastoriza.
Dicíamos que se plantexa como moi importante porque hai varios enfrontamentos entre os 10 primeiros, cos choques entre Burela-Bóveda, Lourenzá-Calasancio e Milagrosa-Taboada. Esta liga está tan igualada que o Pastoricense de acadar os tres puntos podería rematar a xornada de cuarto e de caer derrotado podería situarse no décimo cuarto lugar. Tres puntos, segundo está a clasificación, poden facer variar a túa posición na táboa dez postos.
A U.D. Pastoricense contará para este partido coas baixas seguras de Mel, Rafa e Iñaki e recupera a Peña, aqueixado dunha pubalxia dende a pretempada. Até o adestramento de hoxe Fiz non saberá se pode contar con Raúl, Iago e Martín con diversas molestias.

A U.D. Pastoricense xuvenil visita Xove na procura dos tres puntos
A U.D. Pastoricense visitará este fin de semana o campo do Xove Lago na procura dos tres puntos que o manteñan na loita polos primeiros postos da clasificación. Raúl contará con todo o plantel ao seu dispor polo que poderá sacer un once competitivo como vén acontecendo ao longo de toda a tempada.
Hai que destacar que nesta xornada producirase o enfrontamento entre o Foz e o San Ciprián, terceiro e cuarto respectivamente, polo que o feito de sumar os tres puntos amósase aínda máis importante ante a posibilidade de distanciar máis a un ou aos dous equipos perseguidores.
O resto da xornada podes consultala pinchando aquí.

lunes, 8 de noviembre de 2010
O Pastoricense sitúase sétimo na clasificación a tan só un punto do cuarto
A U.D. Pastoricense parece que se está a asentar na categoría e trala disputa de dez xornadas sitúase sétimo na clasificación, con quince puntos, empatado co sexto e co quinto, e a tan só un punto do Bóveda, que ocupa o cuarto lugar.
O traballo feito polos xogadores de Fiz da como balance tres victorias (Milagrosa, Lourenzá e Cabreiros), seis empates (Burela, Taboada, Riotorto, Ribadeo, Ferreira e Folgueiro) e unha derrota, a colleitada ante o Bóveda. En canto aos números estatísiticos referente a goles o equipo da Pastoriza ocupa o quinto lugar en canto aos menos goleados, con 12 tantos. Na faceta goleadora, con 14 tantos, sitúase na oitava posición.
Agardamos que estes números que se van plantexando cando se está a punto de cubrir un tercio de liga se manteñan a finais da mesma e o Pastoricense poda manter a cateogoría sen pasar apuros, como parece que todo indica até o momento.
O Pastoricense buscará ante o Escairón un resultado positivo que o manteña na metade alta da táboa o vindeiro domingo no campo do Acebreiro.

Estatísticas,
Pastoricense
domingo, 7 de noviembre de 2010
A U.D. Pastoricense acada un punto valioso no campo do Ferreira
A U.D. Pastoricense continúa coa súa boa racha e acadou un novo punto na súa visita ao difícil campo do Ferreira. A pesar de que os locais se puxeron por diante, o equipo da Pastoriza nunca perdeu a cara e conseguiu igualar de novo a contenda e acadar un xusto reparte de puntos, a tenor do que se viu dentro do terreo de xogo ao longo dos 90 minutos.
Polo Pastoricense xogaron: Rumbera, Carlos, Cami, Iago, Juanma, Diego Castro, Mel, Penelas, Andrés, Iván e Farra. Tamén interviron: Fontela, Martín, Diego, Álex e Santi. O gol do Pastoricense foi obra dun xogador do Ferreira en propia porta.
O Pastoricense suma así 15 puntos á espera de coñecer o resto de resultados.

Ferreira,
Pastoricense
O Pastoricense xuvenil cae ante o Sagrado Corazón por 3-2
A U.D Pastoricense non foi quen onte de acadar o liderado ante o Sagrado Corazón ao caer no campo das Gándaras por 3-2. O encontro non tivo un claro dominador e os erros tanto de varios xogadores coma do árbitro propiciaron un resultado con tantos goles.
Por parte do Pastoricense xogaron: Reina, Diego Pirata, Iago, Diego, Aníbal, Cali, Javi, Canuto, Iván Seco, Fernando e Joni. Tamén xogaron: Simón e Manuel. Por parte do Pastoricense marcaron Diego e Iago.
O Pastoricense mantén a segunda posición con 13 puntos.

Sagrado Corazón
viernes, 5 de noviembre de 2010
O Pastoricense buscará un resultado positivo na súa visita ao campo do Ferreira
A U.D. Pastoricense xogará o próximo domingo ás 16.00 horas da tarde no campo do Ferreira de Pantón un partido complicado e no que tratará de continuar coa racha dos últimos tres partidos onde sumou sete puntos de nove posibles.
O Ferreira ocupa a décima posición con 12 puntos, a dous da U.D., tras colleitar tres victorias, tres empates e tres derrotas. Na última xornada foi quen de gañar no campo do Valadouro por 0-1 e romper así cunha mala racha na que colleitara 5 puntos en 5 xornadas.
Fiz poderá contar para este partido con todos os seus homes salvo Iñaki, Peña e Rafa e manterá até última hora a dúbida de Raúl que a pesar de nonter cumpridos os prazos de recuperación, o xogador non sinte molestias e mostrou a súa intención de participar no encontro, sempre que o adestrador o estime oportuno.
Para ver o resto da xornada podes pulsar aquí.

jueves, 4 de noviembre de 2010
O equipo xuvenil tentará asaltar o liderado ante o Sagrado Corazón
Os afecionados ao fútbol de base poderán gozar este fin de semana dun dos partidos máis apaixoantes que se poden ver na liga provincial de xuvenís. Trátase do partido que enfrontará ao líder, o Sagrado Corazón, contra o segundo, a U.D. Pastoricesen. Dous puntos separan aos dous equipos invictos da categoría.
Na pasada xornada, a U.D. Pastoricense venceu sen excesivas complicacións ao Cospeito por 3-1 mentres que o Sagrado Corazón fixo o propio ante o Xove Lago por 1-2. O encontro terá lugar o vindeiro sábado ás 16.00 horas no campo das Gándaras.
Para este partido, Raúl poderá contar con Manuel, tras a sanción dun partido, e contará até a última hora coa dúbida de Diego Pirata, aqueixado dunha inflamción dos ligamentos do tobillo, que xa lle impediu estar a disposición do míster ante o Cospeito. Quen non poderá estar a disposición do adetrador será Dani, seleccionado para correo o campionato galego de Karting que se disputará na pista do Acebreiro.
O resto da xornada podes consultalo pinchando aquí.

martes, 2 de noviembre de 2010
Un pasiño máis para a permanencia...
O partido do domingo fronte ao Ribadeo serviu para demostrar que a U.D. Pastoricense é un equipo difícil de batir, cun traballo encomiábel ao longo dos 90 minutos, cun gran ambiente de compañeirismo entre os seus xogadores e cunha boa dirección dende o banquillo por parte de Fiz.
A pesar das baixas que presentaba o equipo con xogadores moi importantes como Raúl e Iñaki o equipo da Pastoriza presentouse ante o Ribadeo cun once disposto a dar batalla ao longo dos 90 minutos. O equipo mariñán chegaba ao municipal do Acebreiro coñecedor da victoria do Burela, segundo clasificado, polo que vía imprescindíbel acadar a victoria. Pero a solidez defensiva do Pastoricense, capitaneada por Iago e acompañada por Cami, Juanma e Carlos fixeron que os homes de Vilachá naufragaran no seu desexo de perforar a portería defendida por Rumbera.
Ao final, reparto de puntos e de ocasións para os dous equipos. Con estes resultados o Pastoricense atópase na sexta posición, con 14 puntos, empatado co Taboada equipo que o precede na clasificación. A nota positiva é que mantén un colchón de seis puntos co Folgueiro, equipo que se atopa no antepenúltimo lugar en posición de descenso. Aínda así agárdase que os arrastres fagan que descendan até cinco equipos deste grupo de primeira rexional polo que non vai ser suficiente evitar os tres últimos postos.
Na vindeira xornada o equipo de Fiz visita o sempre difícil campo do Ferreira de Pantón tentando mater esta liña de resultados e traer algo positivo do sur de Lugo. Para este encontro, Raúl parece que estará a disposición do adestrador. O resto de xogadores lesionados, Santi, Iñaki e Peña, parece que non poderán estar na convocatoria. Álex, sancionado nesta xornada, tamén poderá estar no once, se o míster o considera oportuno.
Para ver a clasificación e o resto da xornada podes pinchar aqui ou no menú que aparece na parte superior do blog.

Ribadeo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)