O Pastoricense volveu dar unha alegría máis aos seus afeccionados trala victoria de onte ante o Riotorto por 1-0 nun partido no que mereceu a victoria de principio a fin e no que o cadro visitante só dispuxo dunha ocasión en todo o partido nas botas dun dos seus mellores homes, José Luís.
O partido comezaba con dominio local e con algunha ocasión clara, como un disparo ao pau de Mel mediada a segunda metade ou un remate de cabeza de Farra ao que o meta Cupeiro, coñecido pola afección local tras xogar na U.D. durante moitos anos, fixo unha boa intervención. O Pastoricense mostrábase un equipo forte atrás, sen deixar ningunha opción de ataque ao Riotorto pero cecáis algo impreciso nas zonas de ataque. Así, co resultado de 0-0 chegábase ao descando.
O partido comezou coa seguinte alineación por parte local: Rumbera, Álex, Cami, Iago, Juanma, Mel, Penelas, Diego, Martín, Iván e Farra. Por parte do Riotorto: Cupeiro, Martín, Iago, Suso Murado, Jaime, Nando, Juan Carlos, Cristina, Lourido, Jose Luís e Play.
Á volta do descanso, o adestrador visitante retirou do terreo de xogo a Lourido e meteu a Antonio pero o equipo riotortense seguía sen atoparse no campo e apenas inquietaba a meta defendida por Josiño. O Pastoricense tamén movía o banquiño introducindo a Raúl e Iñaki por Diego e Iván. Os dous xogadores de refresco notáronselle moito ao equipo local que comezou a combinar no seu ataque e creando situacións de perigo. Entremedias, Carlos sustituía a Penelas e Andrés a Martín.
Antes deste cambios, o Riotorto dispuxo da única ocasión en todo o partido. Un tiro de Cristina que Josiño desviaba ao pau e no que o rechace lle quedaba a José Luís franco para empurrala ao fondo das mallas pero que o atacante riotortense enviou por encima do longueiro, demarrando así a única opción que tivo o equipo visitante de sacar algo positivo da súa visita ao Acebreiro.
No minuto 75 despois dunha xogada a balón parado o rechace caíalle a Juanma que na retaguardia do equipo pastoricense volvía a colgar o balón á área do Riotorto e donde Iago, cun cabezazo maxistral e ante a errada saída de Cupeiro, establecía o 1-0 que á postre se mostraría definitivo. A partir de aí o Riotorto tentou atacar pero nunca foi quen de superar á sólida, un encontro máis, defensa do equipo local.
Nestes últimos quince minutos, Raúl, Iñaki, Andrés e Farra combinaron en diversas ocasións poñendo en apretos a xogadores de destacada traxectoria como Suso Murado, que tivo que empregarse en algunhas ocasións con excesiva dureza. Nos últimos minutos, José Ángel substituiría a Farra, o dianteiro local que realizou un labor moi destacado no encontro de onte e que se decanta como un dos dianteiros a ter moi en conta na primeira autonómica lucense.
Hai que destacar tamén, no encontro de onte, a boa asistencia de público ao campo do Acabreiro, e no que os afeccionados visitantes igualaron ou incluso superaron aos locais pero que ao final do encontro recoñecían que o cadro local fora o xusto vencedor do mesmo.
Con esta victoria, o Pastoricense sitúase segundo na clasificación empatado a puntos co Lourenzá, que caeu derrotado por 4-0 na súa visita ao campo do Ferreira. De rematar así a liga, o equipo da Pastoriza, un recén ascendido de categoría, lograría o ascenso á rexional preferente. Pero a realidade dista moito dos soños e polo momento o cadro local segue a perseguir o seu obxectivo principal: salvar a categoría e para o que aínda lle quedan sumar 10 puntos máis.
O vindeiro domingo, o cadro pastoricense visita o campo do Taboada, noveno clasificado, co obxectivo de sumar os tres puntos e sobre todo gañar o gol average con equipo do sur de lugo, o que lle permita superalo nun hipotético empate de puntos na última xornada. No partido de ida, no campo do Acebreiro, o resultado final foi de empate a un gol.
Para ver a clasificación pincha aquí.

Plantilla U.D. Pastoricense 2010-2011
lunes, 31 de enero de 2011
O Pastoricense vence por 1-0 ao Riotorto e colócase segundo na táboa
Etiquetas:
Pastoricense,
Riotorto
Derrota do Pastoricense Xuvenil en Foz por 2-0
O Pastoricense xuvenil volveu caer derrotado por segunda semana consecutiva desta vez ante o sólido líder como é o Foz. Os pupilos de Raúl non realizaron un bo partido e ven como as opcións de aspirar a un dos dous postos de promoción de ascenso se complican un pouquiño máis.
Por parte do Pastoricense xogaron: Reina, Diego Pirata, Iago, Diego, Aníbal, Javi, Canuto, Fernando, Iván, Dani e Joni. Tamén interviron: Cali, Simón, Manuel, Javi e Gabri.
O Pastoricense ocupa agora a terceira posición por detrás do Foz e do San Cibrao, co que empata a puntos, pero co que ten peor gol average. Na vindeira xornada, o equipo da Pastoriza recibe ao Lourenzá co obxectivo de sumar os tres puntos e volver á segunda praza da clasificación.

Foz,
Pastoricense
viernes, 28 de enero de 2011
Pastoricense-Riotorto, partido emocionante no campo do Acebreiro
Un dos momentos máis apaixoantes que ten o fútbol son os partidos de máxima rivalidade, os que comunmente se denominan derbis, aínda que moitas veces non se refira a equipos da mesma cidade ou concello. Pois un destes, o Pastoricense-Riotorto dispútase este domingo, a partir das 16.00 horas no municipal do Acebreiro.
O Pastoricense foi un equipo que militou sempre en segunda rexional, nesta segunda etapa, polo que é o primeiro ano que se enfronta ao Riotorto, equipo que sempre estivo en primeira rexional e que xa é un clásico da categoría. Na primeira volta, o equipo visitante realizou un encontro serio e conseguiu un merecido empate, 1-1, mesmo enviando un balón ao longueiro no último minuto a cargo de Mel.
Na clasificación, o equipo da Pastoriza ocupa a cuarta plaza con 32 puntos mentres que o Riotorto, no 12º lugar, suma 25 puntos polo que para o equipo local amósase un partido moi importante para distanciar, nesta reta final, ao equipo visitante. Pero a vital importancia deste encontro é para o equipo riotortense que de non sumar algún punto meteríase en postos de perigo, tendo en conta que na actualidade hai posibilidades de que descendan até 6 equipos, e aos que só distancia nun punto.
A escadra de Fiz contará coas baixas de Fontela e Santi, despois de recuperar a Penelas. Pola súa banda, a espensas de lesións, o Riotorto non poderá contar con Jesús Pablo e Kubala, ámbolos dous sancionados en anteriores xornadas.
Agardemos, pois, que o partido sexa emocionante e que o Pastoricense despregue o fútbol dos últimos encontros para poder sumar outra xornada máis tres puntos ao seu casilleiro e manterse na parte noble da clasificación.

O Pastoricense xuvenil visita o campo do Foz mermado polas baixas
Este sábado a partir das 16.00 horas o Pastoricense visita o campo do líder, o Foz, mermado polas baixas de varios dos seus xogadores máis importantes. Se no pasado fin de semana, as lesións de Diego e Dani no primeiro tempo impediron que o equipo da Pastoriza trouxera algo positivo de San Cibrao, este fin de semana a escadra dirixida por Raúl segue na mesma situación.
A pesar diso, o equipo visitante tentará sumar os tres puntos e acercarse ao líder, que na actualidade o aventaxa en catro puntos.
A pesar diso, o equipo visitante tentará sumar os tres puntos e acercarse ao líder, que na actualidade o aventaxa en catro puntos.
Etiquetas:
Foz,
Pastoricense,
Xuvenil
lunes, 24 de enero de 2011
Victoria sen paliativos ante o Folgueiro
Como diciamos o venres o partido xogado onte entre o Folgueiro e a U.D. Pastoricense mostrábase moi importante para os dous encontros, pero aínda máis se cabe para o conxunto mariñán que de non sumar vería como o tren da salvación se lle alonxaba unha parada máis. O cadro dirixido por Fiz impúxose nun partido cómodo por 1-4, a pesar de que no minuto 2 perdía xa por 1-0 tras pitar o colexiado un penalty inexistente de Cami ao dianteiro local.
Pero uns minutos máis tarde, un xogador do Folgueiro paraba o balón coa man na liña de gol polo que o colexiado pitaba penalty e expulsión do mesmo. Martín sería o encargado de lanzalo pero non o transformaría en gol. A pesar do erro, o cadro visitante seguiu atacando e antes do descanso xa gañaba por 1-2 con goles de Farra e Andrés.
O segundo tempo, o cadro local tentou apretar con balóns colgados e pasando a xogar con defensa de tres pero dous contragolpes do cadro visitante, a cargo de Iván e Diego Castro, puxeron o definitivo 1-4 no marcador.
Por parte do Pastoricense xogaron: Josiño, Álex, Cami, Iago, Juanma, Martín, Iván, Mel, Andrés, Diego e Farra. Tamén xogaron: Iñaki, Carlos, Diego Castro, Jose e Peña.
O Pastoricense queda así na cuarta posición con 32 puntos, a tan só tres do segundo posto ocupado polo Lourenzá, e ve cada vez máis lonxe os postos de descenso a segunda rexional. Na vindeira xornada, o cadro chairego recibirá ao Riotorto, nun derbi que se presenta como apaixoante e no que a U.D. tentará acadar os tres puntos.

Folgueiro,
Pastoricense
Derrota dos xuvenís ante o San Ciprián nun partido frouxo dos visitantes
A U.D. Pastoricense xogou un mal partido o pasado sábado ante o San Ciprián e caeu derrotado por 2 goles a 0. O cadro da Pastoriza nunca entrou no xogo e as lesións de Diego e Dani fixeron aínda máis difícil o encontro.
Por parte da U.D. xogaron: Reina, Diego Pirata, Diego, Iago, Aníbal, Javi, Canuto, Fernando, Iván, Dani e Joni. Tamén interviron: Manuel, Cali e Simón.
Por parte da U.D. xogaron: Reina, Diego Pirata, Diego, Iago, Aníbal, Javi, Canuto, Fernando, Iván, Dani e Joni. Tamén interviron: Manuel, Cali e Simón.
Etiquetas:
Pastoricense,
San Ciprián,
Xuvenil
viernes, 21 de enero de 2011
O Pastoricense visita ao Folgueiro co obxectivo de sumar os tres puntos
A tempada en primeira autonómica afronta xa o seu desenlace polo que cada partido amósase máis importante. Neste caso, o equipo de Fiz tentará acadar os tres puntos na súa visita ao campo do Folgueiro para distanciar un pouco máis ao equipo mariñán e ir consolidando, deste xeito, a súa permanencia na categoría. O equipo da Pastoriza ocupa a sexta praza con 29 puntos mentres que o Folgueiro ocupa a 16ª, con 20 puntos. Unha victoria visitante sentenciaría un pouco máis a sorte do equipo da Mariña que comezaría a ver como se lle escapa o tren da salvación.
Deste xeito, podemos dicir que o partido cobra unha especial importancia para o equipo local polo que o Pastoricense afrontará o partido sabendo que o gran necesitado é o Folgueiro e é o que ten que arriscar para sumar de tres en tres.
Se queres consultar o resto da xornada pincha aquí.
Deste xeito, podemos dicir que o partido cobra unha especial importancia para o equipo local polo que o Pastoricense afrontará o partido sabendo que o gran necesitado é o Folgueiro e é o que ten que arriscar para sumar de tres en tres.
Se queres consultar o resto da xornada pincha aquí.
Etiquetas:
Folgueiro,
Pastoricense
Os xuvenís visitan o campo do San Cibrao para continuar coa racha positiva
O equipo xuvenil da U.D. Pastoricense disputará este sábado a partir das 16.00 horas en San Cibrao o partido ante o equipo local. A escadra da Pastoriza tentará acadar os tres puntos para optar a colocarse na primeira posición no caso de que o Foz, líder, non consiga nada positivo ante o Sagrado Corazón, terceiro clasificado.
Raúl poderá contar con todo o seu plantel tras recuperar a Joni, sancionado no último encontro. Para ver o resto da xornada pincha aquí.
Raúl poderá contar con todo o seu plantel tras recuperar a Joni, sancionado no último encontro. Para ver o resto da xornada pincha aquí.
Etiquetas:
Pastoricense,
San Ciprián,
Xuvenil
miércoles, 19 de enero de 2011
Artigo en El Progreso sobre o Pastoricense xuvenil
Podes consultalo pinchando aquí.
Etiquetas:
Pastoricense,
Xuvenil
Inxusta derrota do Pastoricense ante a Milagrosa
O fútbol en ocasións non é xusto. Esta conclusión é a que se pode chegar despois de presenzar o partido que enfrontou o pasado domingo ao Pastoricense coa Milagrosa, onde caeu derrotado por 0-1. O encontro só tivo un dominador claro, basculando o campo cara a portería do equipo da capital lucense e con numerosas ocasións de gol.
Aos 10 mintuos de partido, un erro na defensa do Pastoricense aproveitábao o dianteiro da Milagrosa para, na única ocasión do equipo visitante no partido, poñelo por diante no marcador. A partir de aí o dominio pastoricense foi total pero non foi quen de batir a meta visitante.
Por parte local xogaron: Rumbera, Álex, Cami, Iago, Juanma, Iñaki, Raúl, Mel, Martín, Santi e Farra. Tamén interviron: Iván, Andrés, Diego, Diego Castro e Penelas.
O Pastoricense queda agora situado na sexta praza con 29 puntos, a tan só tres do Lourenzá, segundo clasificado. Para ver o resto da clasificación pincha aquí.

Milagrosa,
Pastoricense
O Pastoricense xuvenil empata co Burela nun partido aberto
O Pastoricense xuvenil non foi quen de gañar o seu partido ante o Burela tras empatar ao final dos 90 minutos a dous goles. O equipo local adiantouse na primeira metade cun gol de Iván Seco pero na segunda metade, onde xogou peor, viu como se lle poñía por diante o Burela grazas ao revulsivo que supuxo o relevo de dianteiro centro no cadro mairñán.
A nota negativa do encontro púxoa o colexiado con erros que perxudicaron sobre todo ao Burela pitando un penalti inexistente a favor do Pastoricense, que fallou, e non sinalando outro moi claro dun defensa do Pastoricense ao atacante burelés.
Por parte local xogaron: Reina, Diego Pirata, Iago, Diego, Aníbal, Javi, Rafa, Canuto, Iván, Dani e Fernando. Tamén xogaron: Manuel e Cali.
Iván Seco e Diego Pirata anotaron os tantos locais.

Burela,
Pastoricense,
Xuvenil
viernes, 14 de enero de 2011
A primeira autonómica máis emocionante dos últimos anos comeza o seu desenlace
Sete equipos en cinco puntos de distancia perseguen ao Chantada, na procura da outra praza que da dereito o ascenso a Preferente. Tan só dez puntos entre o Cabreiros, sexto pola cola e que tal como están os equipos lucense na categoría superior, descendería a segunda autonómica; e o Lourenzá, equipo que está segundo na clasificación e que ascendería a autonómica preferente. Non hai ningún equipo que poda respirar tranquilo e tampouco hai ningún que teña aínda os brazos baixados. Estes son os ingredientes dunha liga emocionante que comezou a segunda volta e que se aproxima, pois, ao desenlace.
Para esta xornada, o prato principal para a afección pastoricense será o enfrontamento no campo do Acebreiro o domingo ás 16.00 horas ante a Milagrosa, sexto na clasificación a tan só un punto do equipo dirixido por Fiz. Tres puntos en xogo moi valiosos para seguir estando na parte alta da táboa e tamén o gol average, que visto a competencia e rivalidade existente pode ser moi importante a final de tempada. O equipo da Pastoriza acadara un moi bo resultado en Lugo na súa visita ao gañar por 2-3, goles de Iago e Iñaki por partida dobre.
A Milagrosa é un equipo confeccionado con xente de curta idade, recén saídos de xuvenís e que nunca renuncia a xogar ao fútbol. Unha escadra que sofre máis como visitante que como local, debido fundamentalmente ao terreo de xogo, acostumados a xogar en herba artificial. Na pasada xornada, o equipo da capital lucense perdía ante o colista o Valadouro por 1-0 polo que virá co obxectivo de sacar algo positivo para non deixar pasar dúas semanas sen sumar. Dende a xornada 5, onde caeu derrotado ante o Santaballés, tamén colista daquela, sumara algo positivo en todos os encontros ata o pasado domingo.
Para o encontro, Fiz poderá contar con todos o seus homes a excepción de Fontela e Carlos, lesionados que agardemos que nas vindeiras semanas se reincorporen ao grupo. Para ver o resto da xornada pincha aquí.

O equipo xuvenil recibe ao Burela coa mente posta no liderato
O Pastoricense xuvenil está realizando unha tempada excepcional. Un grupo de rapaces da Pastoriza, comprometido co clube, e que cada fin de semana salta ao campo a xogar ao fútbol e a pasalo ben e que, neste ano, está colleitando moi bos resultados. Se a semana pasada, no seu partido aprazado, non foi quen de marcar o gol que lle dera os tres puntos e o liderado, esta semana tentará de novo o asalto á primeira praza. Non é unha acción doada pois depende de que sume os tres puntos ante o Burela, cuarto clasificado, e que o Foz, líder provisional, non venza na súa visita ao campo da Fonte, en Cospeito.
Para o encontro deste sábado ás 16.00 no campo do Acebreiro Raúl poderá contar con todos os seus homes a excepción de Joni, sancionado. Para ver o resto da xornada pincha aquí.
Para o encontro deste sábado ás 16.00 no campo do Acebreiro Raúl poderá contar con todos os seus homes a excepción de Joni, sancionado. Para ver o resto da xornada pincha aquí.
Etiquetas:
Burela,
Pastoricense,
Xuvenil
lunes, 10 de enero de 2011
O Pastoricense empata no campo do Burela e sitúase cuarto na clasificación
A U.D. Pastoricense continúa coa boa racha coa que rematou o ano 2010. Logo da victoria no campo do Calasancio, na primeira xornada do ano, onte foi quen de empatar a 0 ante o Burela, segundo clasificado de Primeira Autonómica. Un partido no que o resultado foi xusto e no que os afeccionados disfrutaron cun partido con continuas idas e voltas. Hai que destacar que o Burela estrelou un balón no pau no lanzamento dunha pena máxima.
Unha vez rematada a primeira volta, e coa disputa xa da primeira xornada da segunda, podemos destacar do equipo dirixido por Fiz a súa solidez defensiva, situándose como o segundo equipo menos goleado por detrás do Chantada, 15 e 13 goles respectivamente. Un cadro, o pastoricense, onde todos os xogadores son tan importantes como os que están ao lado, un equipo que o da todo dende o minuto 1 ao 90, que nunca da un balón por perdido, e que non deixa de mirar de reollo o seu obxectivo: a permanencia. Un equipo xenialmente dirixido por Fiz e que conta con xogadores que ante todo defenden o escudo co que cada domingo saltan ao campo.
No partido de onte o equipo pastoricense estivo formado por: Rumbera, Álex, Iago, Cami, Juanma, Mel, Penelas, Diego Castro, Raúl, Iñaki e Farra. Tamén xogaron: Iván, Diego, Santi e Andrés.

domingo, 9 de enero de 2011
O Pastoricense xuvenil empata o partido aprazado ante o Alfoz pese a ter moitas ocasións
Non foi un día con sorte onte para os xogadores do Pastoricense xuvenil tras empatar a 0 un partido aprazado co Alfoz que os situaría líderes da clasificación cos mesmos partidos que os rivais. Pero o encontro estaba predestinado a un empate sen goles e por máis que o intentaron os pupilos de Raúl non foron quen de inaugurar o marcador.
90 minutos de desnivel hacia á portería do Alfoz con ataques por todos os lados pero que nunca se materializaron no máis importante que ten o fútbol, o gol. Aínda así, o equipo da Pastoriza queda segundo na clasificación a tan só un punto do Foz, líder na táboa.
Por parte do Pastoricense xogaron: Reina, Diego Pirata, Diego, Iago, Aníbal, Canuto, Javi, Fernando, Dani, Iván e Joni.
Por outra banda, o Pastoricense xoga hoxe ante o Burela en Primeira Autonómica na procura de tres puntos que o sitúen nos postos privilexiados da tábaoa e ir sumando puntos para a tan ansiada permanencia.

Alfoz,
Pastoricense
martes, 4 de enero de 2011
O Pastoricense, con maior pegada, lévase os tres puntos de Monforte
A U.D. Pastoricense gañou por 0-2 ante o Calasancio na última xornada disputada da primeira volta que tivo lugar o pasado domingo en Monforte de Lemos. O equipo dirixido por Fiz mostrouse moi serio en defensa durante todo o encontro e aproveitando ben as súas ocasións. Martín, cun gol de penalti e outro nunha espléndida volea, foi o bigoleador do encontro e un dos homes máis destacados.
O equipo da Pastoriza xa chegaba ao descanso con esta ventaxa, aínda que na segunda parte dispuxo de ocasións para aumentar a súa ventaxa. Pola súa banda, o Calasancio fixo un bo partido pero mostrouse totalmente inoperante de cara a portería, poñendo en moi poucos apuros ao cancerbeiro visitante, Rumbera.
Por parte da U.D. xogaron: Rumbera, Álex, Cami, Iago, Juanma, Mel, Iván, Diego, Martín, Iñaki e Farra. Tamén interviron: Raúl, Diego Castro, Andrés, Iván Seco e Peña.
Con esta victoria, a U.D. sítúase na quinta posición con 28 puntos e a tan só dous puntos do segundo clasificado, o Burela, equipo que visita o Pastoricense o vindeiro domingo. De gañar o encontro, o equipo dirixido por Fiz podería rematar a xornada en postos de ascenso a preferente, o que da conta da excelente tempada que está a realizar o cadro chairego.

Calasancio,
Pastoricense
Suscribirse a:
Entradas (Atom)