A U.D. Pastoricense viviu onte un dos partidos máis cómodos de toda a tempada ante o Cabreiros, ao que venceu por 4-1 nun resultado que se mostrou curto a tenor das oportunidades das que dispuxo o equipo dirixido por Fiz. A nota destacada do encontro foi o hat-trick de Mel, un dos capitáns e dos xogadores máis veteranos do equipo.
O encontro púxose moi de cara para o Pastoricense e xa nos primeiros dez minutos vencía por 1-0 tralo gol de Iago ao rematar un centro perfecto de Martín tralo saque de esquina. Un pouco máis tarde, un rechace á frontal da área aproveitábao Mel para poñer o 2-0 no marcador. Nesta primeira media hora do encontro o Pastoricense dispuxo de inmuerables ocasións para aumentar a ventaxa pero sería o Cabreiros, nun erro da defensa e do porteiro local, quen acutaría distancias no marcador. A partir deste momento, o equipo local viviu dez minutos de nerviosismo onde non atopaba o seu xogo e non lograba combinar como na primeira media hora.
Pero antes de que o colexiado pitara o final da primeira parte, Mel volvía a perforar a portería rival cun disparo dende a frontal tras aproveitar un saque rápido dunha falta. Con este resultado chegaríase ao descanso do partido. Á volta de vestiarios o Pastoricense continuou sendo o dono absoluto do encontro e o meta local Josiño non tivo que intervir ao longo dos 90 minutos, salvo na ocasión do gol visitante.
O encontro seguía con ocasións moi claras para o equipo local que non soubo materializar: Iago, Mel, Martín, Iñaki... puideron aumentar a ventaxa pero atopáronse co porteiro, nalgunhas ocasións, e con defensas visitantes noutras. Fiz comezou a introducir cambios no seu equipo para dar descanso a algúns xogadores. Un dos homes que entrou dende o banquiño, Andrés, sería o protagonista do cuarto gol pois nunha xenialidade do xogador da Graña foi derrubado polo defensa local e o árbitro sinalaría a pena máxima. Mel aproveitaría a ocasión para cerrar o partido e conseguir o seu primeiro hat-trick como xogador de fútbol.
No Pastoricense xogaron: Josiño, Álex, Cami, Iago, Juanma, Carlos, Mel, Iñaki, Martín, Raúl e Farra. Tamén xogaron: Penelas, Diego Castro, Andrés, José Ángel e Xose.
Con estes tres puntos o Pastoricense sitúase con 41 puntos, cuarto na clasificación, a tan só un punto do segundo, Ribadeo, e do terceiro Burela. Na vindeira xornada, o equipo adestrado por Fiz visita a un Ribadeo en alza co obxectivo de sacar un resultado positivo e manterse nos postos altos da táboa.

Plantilla U.D. Pastoricense 2010-2011
lunes, 28 de febrero de 2011
Victoria cómoda ante o Cabreiros por 4-1 cun hat-trick de Mel
Etiquetas:
Cabreiros,
Pastoricense
viernes, 25 de febrero de 2011
A U.D. Pastoricense recibe ao Cabreiros o domingo ás 16.15 no Acebreiro
A U.D. Pastoricense tentará este fin de semana quitarse o mal sabor de boca pola derrota o pasado domingo no campo do Lourenzá. O rival ante o que se tentarán acadar os tres puntos será un vello coñecido e de batallas na segunda autonómica e co que agora coincide nunha categoría superior, o Cabreiros.
Os pupilos de Fiz chegan a este partido moi motivados para tentar cambiar a imaxe ofrecida o domingo e coa mente posta en sumar tres puntos máis que os siga matendo nos postos altos da táboa. Para o encontro, o adestrador pastoricense non poderá contar con Fontela e Santi, lesionados, e manterá a dúbida ata o adestramento de hoxe de Iván, cunha escorredura de nocello.
O Cabreiros ocupa na actualidade a oitava posición con 34 puntos, a tan só 4 puntos da U.D. Pastoricense polo que unha victoria visitante apretaría aínda un pouco máis a clasificación. O equipo da Pastoriza, de acadar unha victoria, manteríase nos postos altos e non perdería a estela de Burela e Ribadeo, segundo e terceiro, respectivamente. Ademais, podería incluso adiantar ao Lourenzá pois o equipo mariñán visita o campo do Chantada que non perdeu até o momento ningún punto como local.
Para ver o resto da xornada pincha aquí.

A U.D. Pastoricense xuvenil apraza o seu partido ante o Cospeito
A U.D. Pastoricense non xogará este fin de semana en Primeira Autonómica Xuvenil ao solicitar o Cospeito o aprazamento do seu partido para o martes de entroido.
Etiquetas:
Cospeito,
Pastoricense,
Xuvenil
lunes, 21 de febrero de 2011
Derrota en Lourenzá por 2-0
A U.D. Pastoricense caeu derrotada por 2-0 onte no partido que o enfrontou no municipal de Lourenzá ante o equipo local. O cadro visitante comezou ben o partido incluso con ocasións para poñerse por diante no tanteador pero o 0-0 sería o resultado co que se chegaría ao descanso.
Á volta dos vestiarios o equipo local reapareceu máis asentado no terreo de xogo que o Pastoricense e a través dunha falta ben botada por un xogador local que a colocaría na escadra establecería o 1-0; o equipo dirixido por Fiz buscou o empate pero viuse impotente ante o cadro local e xa no desconto estableceríase o 2-0 definitivo. Con este resultado o golaverage particular queda empatado a espensas do que aconteza no xeral, moi igualado ata o momento onde o Lourenzá conta con +9 e o Pastoricense +7.
Por parte da U.D. xogaron: Josiño, Álex, Cami, Iago, Juanma, Mel, Penelas, Raúl, Martín, Iván e Farra. Tamén interviron: Iñaki, Carlos, Diego, Andrés e Diego Castro.
Con este resultado o Pastoricense baixa así ata a quinta posición da táboa con 38 puntos, a tres do Burela que ocupa a segunda praza e a un do Ribadeo e Lourenzá, terceiro e cuarto respectivamente. A nota positiva desta xornada para o cadro dirixido por Fiz é que os postos de descenso, que poderían ser os seis últimos, parece que se están maioritariamente decididos por atópanse a seis puntos do Riotorto, sétimo pola cola, e a 12 do Pastoricense.
A nota negativa do encontro foi a lesión no primeiro tempo de Iván, cunha escorredura de nocello, que agardemos sexa leve e lle permita estar ás ordes do adestrador para o partido do vindeiro fin de semana.
Na vindeira xornada o Pastoricense recibe ao Cabreiros no municipal do Acebreiro co obxectivo de sumar tres puntos que o manteñan na parte nobre da táboa.

Lourenzá,
Pastoricense
sábado, 19 de febrero de 2011
Victoria do Pastoricense xuvenil ante o Pol pola mínima cun gol de Diego López
A U.D. Pastoricense encadenou a segunda victoria consecutiva trala victoria desta tarde ante o Pol xuvenil, por 1-0, materializado por un dos mellores xogadores na tarde de hoxe, Diego López, que ocupou o posto de central ante a ausencia do capitán Diego.
O partido tivo sempre un claro dominio local se ben é certo que nunca se mostrou incisivo e co obxectivo claro de buscar a portería polense. Aínda así, ao final dos 90 minutos a victoria pódese considerar xusta ante un equipo visitante que nunca inquietou a portería de Reina.
Por parte da U.D. Pastoricense xogaron: Reina, Rafa, Diego López, Iago, Aníbal, Javi, Canuto, Joni, Dani, Fernando e Iván. Tamén xogou Simón.

Pol,
Xuvenil
viernes, 18 de febrero de 2011
Lourenzá-Pastoricense, derbi para pelexar polos postos altos da táboa
Este domingo a U.D.Pastoricense realizará un dos desprazamentos máis complicados que lle quedan ao equipo dirixido por Fiz. Será ás 16.15 horas no campo do Lourenzá, sexto clasificado a tan só dous puntos do cadro da Pastoriza, terceiro, e a catro do Burela, segundo.
O partido amósase importante para que os dous equipos sigan pelexando polos postos nobles. O cadro local, de non sumar ningún punto, podería quedar descolgado do segundo posto, a sete puntos. O Pastoricense viaxará ao concello lourenzá coa idea de seguir mostrándose como o segundo mellor equipo a domicilio, onde xa sumou 19 puntos, 3 por detrás do intratable Chantada.
Pola súa banda, o Lourenzá vén de colleitar uns malos resultados nos últimos tres encontros, ao sumar un punto de nove posibles, ante o Ferreira, Escairón e Valadouro. Hai que ter en conta que os tres partidos foron como visitantes, faceta na que é onde máis sufre o cadro mariñán. En cambio, como locais os números reflexan que o Lourenzá colleitou sete victorias, tres empates e tan só unha derrota ante o líder indiscutible da categoría, o Chantada. Ademais, o Pastoricense tentará manter o golaverage tras a súa victoria no partido de ida por 2-0.
No apartado deportivo, Fiz non poderá contar unha semana máis con Fontela e Santi lesionados e recupera ao seu goleador, Farra, e a Andrés que non estiveran no último partido ante o Bóveda e no que o cadro da Pastoriza venceu por 2-0.

jueves, 17 de febrero de 2011
O Pastoricense recibe ao Pol no derbi xuvenil
O Pastoricense disputa este fin de semana o derbi xuvenil por excelencia, fronte ao Pol no que será a decimosétima xornada. O equipo dirixido por Raúl tentará acadar os tres puntos no Acebreiro, no encontro que se disputará este sábado ás 16.15 horas.
Antes de nada, dende este foro queremos aclara un erro que vimos cometendo dende fai xornadas nas que falabamos de dúas posicións para disputar a fase de ascenso a Liga Galega. Este ano a Federación fixo cambios a este respecto e só disputa a fase de ascenso o equipo que queda campión de liga polo que neste momento sería o Foz.
A U.D. Pastoricense precisa pois sumar os tres puntos para tentar acercarse ao Foz e meter algo de presión aos xogadores mariñáns, na disputa das últimas dez xornadas. Para este sábado, o míster pastoricense non poderá contar co capitán, Diego, por ver a quinta amarela no pasado encontro.
Para ver o resto da xornada pincha aquí.
Antes de nada, dende este foro queremos aclara un erro que vimos cometendo dende fai xornadas nas que falabamos de dúas posicións para disputar a fase de ascenso a Liga Galega. Este ano a Federación fixo cambios a este respecto e só disputa a fase de ascenso o equipo que queda campión de liga polo que neste momento sería o Foz.
A U.D. Pastoricense precisa pois sumar os tres puntos para tentar acercarse ao Foz e meter algo de presión aos xogadores mariñáns, na disputa das últimas dez xornadas. Para este sábado, o míster pastoricense non poderá contar co capitán, Diego, por ver a quinta amarela no pasado encontro.
Para ver o resto da xornada pincha aquí.
Etiquetas:
Pastoricense,
Pol,
Xuvenil
lunes, 14 de febrero de 2011
Victoria ante o Bóveda por 2-0 e terceiros na clasificación
A U.D. Pastoricense volveu á senda da victoria ante o Bóveda logo da súa derrota a semana pasada no campo do Taboada. O equipo chairego recibiu onte ao equipo visitante co obxectivo de sumar tres puntos que o mantiveran na parte alta da táboa e seguir camiñando así, paseniñamente, cara a salvación.
O equipo dirixido por Fiz saiu metido no partido e xogou a maior parte do partido no campo do Bóveda que, ben metido atrás, buscou sempre xogar ao contragolpe para poder sorprender á férrida defensa pastoricense. Así, no primeiro tempo, un remate acrobático de Iván, poñía o 1-0 no marcador co que se chegaba ao descanso.
O equipo local mostrábase moi superior e o meta da U.D. Josiño non tivo que facer ningunha intervención de mérito ao longo dos 90 minutos. Á volta do descando o Pastoricense saiu relaxado e menos metido no encontro que no primeiro tempo, o que fixo que o Bóveda se viñera arriba pero sen inquietar a meta local.
No último tercio de partido, a U.D., coa entrada de xente de refresco dende o banquiño volveu a coller as rendas e dispuxo de varias ocasións para aumentar a ventaxa pero non sería até os últimos minutos cando Iñaki, tras materializar unha espléndida vaselina, poñía o definitivo 2-0 co que se chegaría ao remate do encontro.
No Pastoricense xogaron: Josiño, Álex, Cami, Iago, Juanma, Mel, Penelas, Martín, Iñaki, Iván e Diego. Tamén xogaron: Raúl, Carlos, Iván Seco e Peña.
Con estes tres puntos o Pastoricense ascende á terceira posición, con 38 puntos, a tan só dous do Burela, segundo clasificado. Na xornada que vén haberá duelos directos pola disputa desta segunda praza cun apaixoante Burela- Milagrosa (2º contra 4º) e un Lourenzá- Pastoricense (5º contra 3º). O Ribadeo, quinto equipo na disputa desta segunda praza recibirá ao Escairón.

Bóveda,
Pastoricense
O equipo xuvenil cumpre os pronósticos e golea por 1-6 ao Ribadeo
O equipo xuvenil da U.D. Pastoricense venceu claramente o pasado sábado por 1-6 na súa visita ao colista da categoría, o Ribadeo. Os pupilos de Raúl cumpriron deste xeitos os pronósticos que os situaban como claros favoritos ante un equipo, o mariñán, que aínda non conseguiu sumar nada positivo no que levamos de tempada.
Con esta victoria o Pastoricense cóntinúa cuarto na clasificación, con 31 puntos, a tan só dous do segundo posto que ocupa o San Ciprián. Tamén o Burela, terceiro clasificado con 32 puntos, e o Sagrado Corazón, cuarto tamén con 31, pelexarán pola segunda posición que otorga disputar a fase de ascenso e acompañar ao Foz, que a día de hoxe, primeiro con 40 puntos, parece destacado nesta pelexa.
Por parte do Pastoricense interviron: Reina, Rafa, Diego López, Iago, Aníbal, Javi, Canuto, Dani, Fernando, Simón e Joni. Tamén xogaron: Cali, Esteban, Álex, Luis e Diego. Os goleadores foron Fernando, en tres ocasións, Dani, por partida dobre, e Iago.

Ribadeo,
Xuvenil
viernes, 11 de febrero de 2011
A U.D. recibe ao Bóveda co obxectivo de seguir na parte alta da táboa
Despois do fin de semana pasado, onde a U.D. Pastoricense realizou o peor partido da tempada o equipo dirixido por Fiz ten a oportunidade de resarcirse ante o Bóveda e continuar así pelexando polos postos nobres da táboa clasificatoria. A igualdade nos primeiros postos é tan grande que unha victoria pode facer que o equipo recupere a segunda praza e ao mesmo tempo, unha nova derrota, pode situalos novenos. Sete postos que oscilan en sumar ou non tres puntos.
Para o encontro, que terá lugar este domingo a partir das 16.15 horas no municipal do Acebreiro, Fiz non poderá contar cos lesionados Santi e Fontela nin con Farra, sancionado, e Andrés, por motivos persoais. Aínda así, o adestrador local, disporá de efectivos suficientes para sacar ao campo un once de garantías e acadar tres puntos moi importantes para o obxectivo principal do clube, a salvación.
O Bóveda ocupa na actualidade a sétima praza con 33 puntos, a tan só dous da U.D. Pastoricense, logo da súa derrota na última xornada ante o Valadouro, un dos últimos clasificados na Primeira Autonómica. De seguro que os xogadores do equipo lucense visitarán o campo do Acebreiro co obxectivo de resarcirse tamén da súa última derrota e acadar tres novos puntos que o manteñan na zona media da táboa.

Á procura dos tres puntos na visita ao campo do colista
O Pastoricense xuvenil ten a priori este fin de semana a saída máis doada da tempada na súa visita ao campo do colista, o Ribadeo, que aínda non sumou ningún punto nos catorce partidos disputados até o día de hoxe. Neste encontro, os pupilos de Raúl tentarán volver á senda da victoria e continuar na pelexa dos postos para xogar a fase de ascenso a Liga Galega.
O encontro terá lugar mañá sábado ás 16.00 horas no campo municipal de Ribadeo e no que Raúl non poderá contar con dous homes moi importantes no equipo como o capitán, Diego, sancionado, e Iván Seco por motivos persoais.
Podes ver o resto da xornada pinchando aquí.
O encontro terá lugar mañá sábado ás 16.00 horas no campo municipal de Ribadeo e no que Raúl non poderá contar con dous homes moi importantes no equipo como o capitán, Diego, sancionado, e Iván Seco por motivos persoais.
Podes ver o resto da xornada pinchando aquí.
Etiquetas:
Pastoricense,
Ribadeo,
Xuvenil
martes, 8 de febrero de 2011
O Pastoricense cae en Taboada no peor partido da tempada
O pasado domingo os afeccionados que se trasladaron co equipo a Taboada puideron presenzar o peor partido do Pastoricense no que vai de tempada. Un encontro no que ningún xogador do equipo visitante xogou no seu nivel habitual e que o resultado da conta deste aspecto: 2-0. Dende o minuto 1 ao 90 o equipo dirixido por Fiz viuse superado polo equipo local que incluso mandou dous balóns aos paus, un deles acabaría no primeiro gol, case ao borde do descanso.
Ao comezo da segunda parte unha xenialidade de Guerreiro no saque dunha falta poñía o 2-0 no marcador, un resultado que xa se vía difícil de remontar, máis polas sensacións que transmitía o equipo pastoricense que polo tempo que quedaba, pois faltaba máis de media hora de xogo. Aínda así o Pastoricense tirou un pouco de orgullo que lle permitiu gozar de dous man a man co porteiro local, un dos destacados do encontro, pero que non conseguiron materializar nin Martín, balón á cruceta, nin Farra que estrelou o balón no cancerbeiro.
O Taboada dispuxo de máis ocasións para aumentar a ventaxa pero con este resultado chegaríase ao final do encontro. O Pastoricense ocupa así a quinta praza, a dous puntos do segundo clasificado, o Burela.
Por parte do Pastoricense xogaron: Rumbera, Diego Castro, Iago, Carlos, Álex, Mel, Penelas, Raúl, Iñaki, Andrés e Farra. Tamén interviron: Martín, Iván, Diego e Xose.

Taboada
Un punto ante o Lourenzá que sabe a pouco
O Pastoricense xuvenil afrontará o partido deste fin de semana co obxectivo de saír deste bache de malos resultados colleitados nas últimas xornada. O pasado sábado o equipo entrenado por Raúl cedía un empate a 2 ante o Lourenzá que o alonxa un pouco máis dos postos para xogar a fase de ascenso.
Dani e Diego foron os goleadores do Pastoricense.
Dani e Diego foron os goleadores do Pastoricense.
Etiquetas:
Lourenzá,
Pastoricense,
Xuvenil
viernes, 4 de febrero de 2011
Manter a segunda praza, obxectivo do Pastoricense na súa visita a Taboada
Este fin de semana ao Pastoricense plantéxaselle un partido complicado na súa visita, o domingo ás 16.00 horas, ao Taboada. O obxectivo do equipo da Pastoriza será o de manter o segundo posto da clasificación sumando tres novos puntose acadando a terceira victoria consecutiva. De sumar un resultado positivo a salvación quedaría un pouco máis cerca co que os deberes para a presente tempada quedarían solventados.
O feito de ocupar nestes momentos a segunda praza é un honor para a U.D. Pastoricense pero os obxectivos seguen a ser os mesmos: en primeiro lugar a salvación e a continuación o situarse ao final desta liga o máis arriba posíbel, sen renunciar a nada. A nosa posición actual da resposta ao excelente traballo feito tanto polo adestrador como polos xogadores ao longo dos 21 partidos disputados onde foron sempre competitivos e onde non se lles regalou nada, todo chegou co seu esforzo e adicación permanente.
Salvo o Chantada, que se mostra coma un equipo intratábel e cun nivel superior ao resto dos equipos da categoría a liga preséntase como moi igualada, dato que vén fundamentado no feito de que entre o Riotorto, equipo que ocupa a sexta praza por abaixo e que nestes intres descendería a segunda, e o Pastoricense, segundo e que ascendería a Preferente, tan só os separan dez puntos.
Para o partido do domingo, Fiz non poderá contar co capitán, Cami, sancionado e Fontela e Santi, lesionados. O resto do plantel estará a disposición do adestrador polo que o once que salte ao campo será, coma sempre, de garantías. O Lourenzá, equipo que ocupa o terceiro posto empatado a puntos co equipo branco, viaxará a Escairón polo que tamén afronta un partido complicado.

jueves, 3 de febrero de 2011
Os xuvenís mermados polas baixas reciben ao Lourenzá
A U.D. Pastoricense está atravesando polo momento máis complicado da tempada. Aos resultados non tan positivos das últimas xornadas hai que sumar as baixas por lesións e sancións en homes importantes que lle están impedindo rendir ao seu nivel. En concreto, para o encontro que disputa este sábado no campo municipal do Acebreiro ante o Lourenzá, Raúl non poderá contar con Iván, sancionado; Pirata, motivos persoais; e son dúbida até última hora Dani, Diego e Fernando.
A pesar diso o equipo da Pastoriza saltará ao campo coa mente posta en acadar os tres puntos que o manteñan na parte noble da clasificación e que impida que Foz e San Ciprián se escapen na clasificación. O Lourenzá chega a este encontro oitavo na clasificación con 21 puntos logo de derrotar a semana pasada ao Sagrado Corazón, un dos equipos fortes da categoría. No partido de ida, Pastoricense e Lourenzá empataran sen goles.
Se queres ver o resto da xornada pincha aquí.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)